Convocatoria 2009 para a selección de dous casos singulares de computación
CESGA selecciona dous casos singulares de computación, en réxime de concorrencia competitiva, que necesiten recursos computacionales maiores dos límites estándar no Finis Terrae.
Os casos singulares que se seleccionen deberán ser un caso práctico de computación con evidente interese científico-técnico, preferentemente nas áreas de Métodos Matemáticos da Ciencia Computacional, Nanotecnoloxía, Ciencias da Vida e da Saúde, Ciencias do Mar e Enerxía e Cambio Climático, aínda que se admitirán propostas doutras áreas de gran interese científico-técnico.
Poderán participar nesta convocatoria os grupos de investigación ou investigadores individuais que traballen nas seguintes institucións:
Universidade da Coruña
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Calquera centro do CSIC de España
Universidades de Portugal
Calquera centro de investigación ou centro tecnolóxico radicado en Galicia
Calquera empresa cun centro de traballo en Galicia, en cuxo centro haxa un laboratorio de I+D+i
Os casos singulares executaranse en cooperación co CESGA. A cada proxecto seleccionado asignaráselle un equipo de soporte de técnicos e investigadores do CESGA para facilitar a migración e execución do caso singular.