O CESGA procederá a dar de baixa un total de 6 aplicacións de cálculo científico debido á falta de demanda das mesmas entre os usuarios do Centro. Estas aplicacións, revisada a súa funcionalidade, apenas tiveron uso nos últimos dous anos.
Como un dos servizos prestados aos usuarios do CESGA está a instalación e mantemento das aplicacións de cálculo científico usadas nos supercomputadores do centro. Para mellorar o servizo, é necesario revisar o grao de uso das aplicacións instaladas e, periodicamente, actualizar a lista de aplicacións soportadas. Dentro desta revisión atopouse que as seguintes aplicacións instaladas e soportadas polo CESGA non tiveron uso durante os dous últimos anos:
Bsoft
Ferret
Migrate
r8s
SPIDER
XPLOR-NIH
Por iste motivo, procederase a dar de baixa as mesmas a partir do 23 de Marzo de 2009. Se por algún motivo esta acción pode repercutir no seu traballo, por favor, póñase en contacto co Departamento de Aplicacións e Proxectos a través de correo electrónico (aplicacions@cesga.es) ou vía telefónica (981 569810).