Está instalada en probas a nova versión 22 NOV 2004 (R1) de GAMESS (General Atomic and Molecular Electronic Structure System) Servidores:
- HP Superdome (sd.cesga.es)
- COMPAQ HPC320 (sc.cesga.es)
- SVG (svgd.cesga.es)
A aplicación está instalada nos tres sistemas en:
/opt/cesga/gamess.nov2004
Para utilizar esta aplicación é necesario utilizar o script
/opt/cesga/gamess.nov2004/rungms
coa seguinte sintaxe:
/opt/cesga/gamess.nov2004/rungms JOB 00 NCPUS >& JOB.log
onde:
# JOB é o nome do arquivo 'JOB.inp' a ser executado, # NCPUS é o numero de procesadores a ser usados (que deberá coincidir cos solicitados cando se enviou á cola o traballo).
A primera vez que se execute crearase o directorio scr no home do usuario onde se almacenarán os arcquivos .dat .irc .simen e.simcor procedentes da execución.
No caso de que non se reporten problemas con esta nova versión, pasará a ser a versión de produción a partir do 1 de xullo de 2005.
MANUAIS
Os manuais desta versión pódense atopar nos arquivos *.DOC no directorio de instalación.
SOPORTE
En caso de problemas na utilización deste paquete de software, contacte con . |