A petición dun usuario, o editor Emacs atópase, dende o pasado 17 de marzo, portado, instalado e dispoñible no VPP300E para os usuarios que desexen utitlizalo como alternativa ó editor vi. O Path de acceso é "/opt/emacs//bin/emacs".
Last Updated ( 08.09.2005 )
Presentación oficial do navegador Xis
O Xis foi presentado hoxe no Clube Internacional de Prensa de Santiago ante os medios. O Xis é a versión en galego do Netscape Communicator 4.03, que inclúe un navegador, un xestor de correo electrónico e de grupos de novas, ademais dun editor de linguaxe 'html'. A súa realización é froito do traballo dun grupo de internautas agrupados no Proxecto Xis, que traduciron o Communicator logo de que Netscape abrise o código fonte no coñecido proxecto Mozilla. No acto de presentación participaron o coordenador xeral do proxecto, Camilo Regueiro, o responsable da área lingüística, Ramón Flores, o editor de Vieiros, Lois Rodríguez, e o xornalista de 'O Correo Galego', Darío Janeiro.
Last Updated ( 04.11.2005 )
Triplicado o espacio de almacenamento a disposición dos Usuarios no Gen5
O Centro de Supercomputacion de Galicia incrementou o espacio de almacenamento no disco do seu superordenador vectorial-paralelo VPP300. A ampliación realizouse o 17 de Marzo e consistíu na instalación de 8 novos discos de 18GB no array de discos Gen5 de tecnoloxía RAID, tripicando a súa capacidade actual ó pasar de 72 GB a 216 GB tra-la ampliación.
O paquete MATLAB á disposición dos Usuarios no AP3000
O MATLAB é un paquete de cálculo simbólico, con múltiples aplicacións en control de procesos, resolución de ecuacións, simulación dinámica, análise de sinal, comunicacións, etc. O MATLAB está instalado no AP3000 no directorio: /export/home/matlab/bin
Last Updated ( 13.09.2005 )
RECETGA posibilitará a asistencia en directo a seis intervencións no Hospital Juan Canalejo
O ancho de banda de 155 Megabites por segundo co que conta a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) permitirá a 150 cardiólogos de 30 países asistir en directo a seis intervencións nos quirófanos do Hospital Juan Canalejo.
O Segundo Simposium Interinstitucional sobre Ciruxía Cardíaca Minimamente Invasiva congregará a 150 especialistas de 30 países do 24 ao 27 de Febreiro no Paraninfo da Universidade da Coruña. Este Simposium está organizado polo Hospital Juan Canalejo en colaboración co International Heart Institute of Montana e a Universitá degli Studi G. D’Annunzio, e co apoio do SERGAS e a UDC.
Os días 25 e 26 de febreiro, os asistentes ás xornadas poderán, desde o Paraninfo da UDC, presenciar en directo tres intervencións de ciruxía coronaria e outras tantas de ciruxía valvular que se realizarán nos quirófanos do Hospital Juan Canalejo. Os especialistas asistentes poderán formular preguntas desde o Paraninfo aos seus colegas no quirófano do H.J.Canalejo mentres estes demostran sobre pacientes reais novos métodos de operatoria mínimamente invasiva.
Estas transmisións interactivas en tempo real serán posibles grazas á tecnoloxía de Banda Ancha que incorpora RECETGA. Rede que permite á transmisión de vídeo, voz e datos entre o H.J. Canalejo e a UDC utilizando tecnoloxía ATM a velocidades de 155 Megabites por segundo.
RECETGA é a rede de comunicación da comunidade científica galega. Esta rede é unha infraestrutura de comunicacións galega que non depende de operadores externos. A xestión desta rede corre a cargo do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) en coordinación coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. RECETGA foi co-financiada por FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).