Algúns usuarios tiveron problemas para a utilización de MATLAB en interactivo no HPC4500. Para solucionar o problema, cambiouse a máquina virtual de Java da versión 1.3.1 á versión 1.1.8.
Se este cambio lle ocasiona algún problema, póñase en contacto co .
Detectáronse algúns problemas na utilidade "chkmove" de Gaussian 98 cando se migran arquivos de checkpoint dende o HPC320 ao SVG o BeoWulf (en xeral, a sistemas baseados en Linux). O problema comunicouse a Gaussian Inc., pero polo momento non existe un parche para resolvelo.