Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » General » Acto de entrega dos Premios á Excelencia en Supercomputación
Destacados

Conectados
1786 visitantes
Total desde 21-12-05: 65387808 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Acto de entrega dos Premios á Excelencia en Supercomputación PDF E-mail

O acto de entrega dos galardóns enmárcase na Semana da Ciencia en Galicia, organizada pola Secretaría Xeral de I+D

DOUS INVESTIGADORES DA UNIVERSIDADE FANSE COS PREMIOS Á EXCELENCIA EN SUPERCOMPUTACIÓN

Santiago, 12 de novembro de 2002.- O secretario xeral de I+D, Miguel Ángel Ríos, preside o acto de entrega dos Premios á Excelencia en Supercomputación, que este ano chegan á súa segunda edición. Os galardóns están organizados polo Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e patrocinados pola empresa HP Invent en España.
 
A entrega de premios enmárcase nos actos da Semana da Ciencia en Galicia, organizada e promovida pola Secretaría Xeral de I+D, que chega hoxe ao seu ecuador. Os premios serán entregados polo Director Xeral de Comunicación Social da Consellaría de Cultura, Ignacio Otero e polo Director Comercial de HP Invent, José Antonio de Paz.
 
SISTEMA PARA A AXENCIA ESPACIAL EUROPEA
O primeiro premio, dotado con 1.800 euros, concédeselle ao proxecto "Estudo de viabilidade do sistema de comunicacións terra-satélite para a Axencia Espacial Europea", dirixido polo profesor Carlos Mosquera, do Departamento da Teoría do Sinal e das Comunicacións da Universidade de Vigo. O traballo consistiu na análise da viabilidade dun novo sistema de comunicacións terra-satélite que permitiría reducir a complexidade e, polo tanto, o custo dos equipos colocados a bordo do satélite.
 
O profesor Carlos Mosquera, xunto cos seus caloboradores, Sandro Scalise, Giorgio Taricco, Giovanni Garafolo e Domenico Giunta, desenvolveu e validou computacionalmente un modelo para prover de ferramentas que permitan medir a calidade da sincronización que se pode obter nos novos satélites xeoestacionarios de gran capacidade de transmisión.
 
Como consecuencia, demostraron que é posible a transmisión dun sinal de referencia temporal desde a Terra ao satélite de suficiente calidade cuns requerimentos de equipamiento modestos. Agárdase que estes novos satélites xoguen nun futuro próximo un papel importante nas aplicacións interactivas multimedia. Este traballo realizouse no marco dun proxecto financiado pola Axencia Espacial Europea e as simulacións foron efectuadas cos medios de computación do Cesga.
 
NOVAS APLICACIÓNS DO LÁSER
O segundo premio, dotado con 600 euros, concédeselle ao proxecto "Modelización da evolución da temperatura durante o proceso de endurecemento de materiais con láser", dirixido polo profesor Armando Yáñez Casal, do Grupo de Aplicacións Industriais do Láser da Escola Politécnica Superior e do Centro de Investigación Tecnolóxica do Campus de Ferrol (Universidade da Coruña). O galardón foille outorgado pola súa aportación á aplicación da simulación numérica para a mellora dos procedementos de endurecemento de metais por medio de láser e o aproveitamento da capacidade de cálculo e infraestrutura do Cesga.
 
O profesor Armando Yáñez e os seus colaboradores, J.C Álvarez, A.J. López, G. Nicolás, J.A. Pérez, A. Ramil e E. Saavedra, desenvolveron e validaron un sistema que permite, combinando axeitadamente os modelos matemáticos e a simulación numérica, axustar mellor os parámetros do proceso industrial de endurecemento de superficies a través da utilización de láser, de tal forma que se mellora a homexeneidade do endurecemento das pezas tratadas.
 
O Grupo de Aplicacións Industriais do Láser da Escola Politécnica Superior e do Centro de Investigación Tecnolóxica do Campus de Ferrol dedica unha boa parte do seu esforzo ao estudo do que en xeral se denominan tratamentos térmicos superficiais con láser. As condicións de traballo ás que están sometidos certos sistemas mecánicos tales coma eixos e rodamentos acaban esixindo que estes compoñentes estean fabricados en aceiros e aleacións especiais para que a súa vida útil sexa máis longa.
 
 A súa fabricación integral nestes materiais ten inconvintes relacionados cun custo excesivo e coa resistencia á rotura. Mediante a realización de tratamentos superficiais ou de recubrimentos mellóranse as propiedades superficiais mantendo as internas intactas. O láser é unha das ferramentas adecuadas para a realización deste tipo de tratamentos.
Modificado ( 21.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA