O Dr. Carracedo (na parte superior da imaxe, á dereita) recibirá o Premio na cerimonia de entrega que se celebrará o vindeiro 28 de novembro, ás 18:45h., no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
O xoves, 8 de novembro de 2001, ás 11:00 h., reuníronse nas instalacións deste Centro, en Santiago de Compostela, máis de 30 investigadores que desempeñan o seu labor nas tres universidades galegas, en diversos centros do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e en laboratorios de investigación de complexos hospitalarios. Na reunión estiveron presentes investigadores das áreas de Química, Bioloxía, Ciencias da Saúde, Matemática e Ciencias da Computación.
Aviso parada de mantemento do Sistema de Almacenamento
O vindeiro luns día 12 realizarase unha parada de mantemento do sistema de almacenamento entre as 9:00 e as 18:00 h., polo que durante a intervención non estará dispoñible este servicio nin o acceso ós sistemas de cálculo AP3000 e HPC4500. Manterase en funcionamento o VPP300.
Incidencias RECETGA
Nas últimas semanas producíronse incidencias que afectaron aos servizos fornecidos pola Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia. Así, producíronse incidencias que provocaron dous cortes de servizo:
Un primeiro corte produciuse ás 16:30 do 30 de outubro. Este corte foi debido a un problema no conmutador central da RECETGA no que bloqueouse unha das matrices de conmutación. No devandito conmutador é onde está físicamente a conexión da fibra que enlaza con RedIRIS.
Orden do 30 de outubro de 2001 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión de becas de especialización en organismos internacionais, para doctores e titulados superiores, no marco do Programa Nacional de Potenciación de Recursos Humanos do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2000-2003), (BOE 31-10-2001).