O Paquete ANSYS Multiphysics 5.5 xa está dipoñible no AP3000
ANSYS é un paquete de elementos finitos orientado inicialmente ao cálculo de estruturas sólidas e analise térmica, que nos últimos anos extendeu o seu campo de aplicación dos elementos finitos á mecánica de fluídos e magnetismo, co paquete ANSYS Multiphysics.
A versión 5.5 do paquete ANSYS Multiphysics atópase instalada no nodo 3 do ordenador paralelo AP-3000. Para acceder ao programa é necesario dispoñer dunha conta nese ordenador. Manuais de Ansys 5.5.
O CESGA "Premio a la Tecnología de la Información en Galicia"
O CESGA, foi galardonado co "Premio a la Tecnología de la Información en Galicia" concedido polo semanario técnico PCWEEK, PRICEWATERHOUSE COOPERS E COMPAQ.
O CESGA, como centro innovador de tecnoloxía e telecomunicacións de Galicia, recibíu este premio en recoñecemento a súa constante labor de análise, avaliación e implantación destas tecnoloxías e concretamente por poñe-las tecnoloxías da información e as comunicacións ó servicio do ensino en Galicia.
Workshop HPCN 99 (High Performance Computing and Networkintg)
O 20 de maio celebrarase na Aula Magna da Facultade de Física (Campus Sur) o Workshop HPCN 99 para investigadores e estudiantes que desexen coñecer a evolución das tecnoloxías HPCN. Nel participarán expertos de toda Europa das principais empresas de informática.
Presentará o Workshop Miguel Angel Ríos, Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Presidente do Consello de Administración do CESGA. Abrirá a xornada Javier García Tobío, director do CESGA, falando do HPCN (High Performance Computing and Networking) en Galicia, e facendo unha descrición da situación actual de medios e servicios dispoñibles para a comunidade científica de Galicia e do C.S.I.C.
Visita ó CESGA de José Ramón Fernández, Vicepresidente do Consello de Ministros da República de Cuba
O pasado 10 de Maio visitou o CESGA o Sr. José Ramón Fernández, acompañado polo Cónsul Xeral de Cuba en Compostela e por un representante do Ministerio de Asuntos Exteriores cubano.
Fernández chegou acompañado polo Conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, Sr. Pita Varela e foi recibido no CESGA por Miguel Angel Ríos Fernández, Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Presidente do Consello de Administración do CESGA e por Javier García Tobío, Director Xerente do CESGA.
Actualizado ( 13.09.2005 )
O paquete de cálculo estructural GENESIS instalado no AP3000
GENESIS é un programa de análise de elementos finitos e optimización numérica para o análise e deseño dun amplo rango de estructuras. Os manuais están a disposición dos usuarios en formato electrónico.
O paquete de cálculo estructural GENESIS atópase instalado nos nodos ap2.cesga.es e ap3.cesga.es, dentro do directorio: /export/home/genesis/gen5
Para executar o programa é suficiente con chamar ó script rung que se atopa neste directorio.
O interface de Pre/Post procesado de datos está instalado no nodo ap3.cesga.es dentro do directorio: /export/home/genesis/FembGenesis_Install/Solaris
O comando para invoca-lo interface é fembg. Ademais, é preciso definir a variable de contorno: OPENWINHOME=/usr/openwin
(Recomendamos a inclusión dos anteriores directorios no PATH de busca de arquivos para facilitar o acceso ó programa GENESIS)