Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
2764 visitantes
Total dende 21-12-05: 74136532 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Seminario público no marco das estancias ICTS PDF E-mail
Título:"Estudo da separación de fases cuánticas para transicións metal-illante combinando técnicas ab-initio, analíticas e experimento"
Lugar: Sala de presentacións do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Data: Venres 24
Hora: 12:00 a.m.
Relator: Iván Conde Leborán
Sinopse:
O investigador da USC Iván Conde Leborán ofrecerá un seminario público titulado "Estudo da separación de fases cuánticas para transicións metal-illante combinando técnicas ab-initio, analíticas e experimento". Este seminario forma parte da serie de seminarios públicos que se realizan durante as estancias otorgadas no marco da convocatoria de accesos a ICTS-CESGA para o 2010 e financiadas polo MICINN (referencia ICTS-2009-40).
Actualizado ( 22.09.2010 )
(+)
CONCURSO ABERTO DO SUBMINISTRO DUN "CLUSTER HIGH THROUGHPUT COMPUTING (HTC)" PDF E-mail
Convoca Fundación CESGA.
(+)
Actualizado ( 24.09.2010 )
A UNIVERSIDADE DA CORUÑA IMPARTIRÁ O PRIMEIRO MÁSTER EN XERONTOLOXÍA 2010-2012 PDF E-mail
Para dar resposta á demanda de profesionais que o envellecemento da poboación require, a Universidade da Coruña impartirá este curso 2010-2012 un novo Máster en Xerontoloxía que ofrece aos seus alumnos unha saída profesional especializada nun sector de enorme desenvolvemento. Este máster inclúese dentro do Posgrao Oficial en Xerontoloxía, que ofrece tres especialidades: o Máster en Xerontoloxía Clínica, con título outorgado pola UDC, o Máster en Xerontoloxía Social, outorgado pola USC e o Máster en Xerontoloxía con titulo outorgado por ambas as dúas universidades galegas.
(+)
Actualizado ( 20.09.2010 )
Simulación computacional do entrelazamento da materia cuántica condensada PDF E-mail
Roger Melko, investigador do Dep. de Física e Astronomía da Universidade de Waterloo, presenta o traballo realizado recentemente en colaboración con investigadores do CESGA.
Os teóricos da materia condensada están comezando a explotar as propiedades do entrelazamento como recurso para o estudo dos materiais cuánticos. Na seguinte conferencia Melko mostra os recentes descubrimentos no cálculo da entropía do entrelazamento en dous e máis dimensións, utilizando técnicas Monte Carlo de simulación cuántica avanzada.
Ver aquí o vídeo:
(+)
Actualizado ( 16.09.2010 )
ACORDO DE TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA ENTRE O CESGA E EMPRESAS INTERNACIONAIS DO SECTOR INFORMÁTICO PDF E-mail
O Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, asinou un acordo de transferencia de tecnoloxía con destacadas compañías internacionais do sector informático. O prototipo, que se comercializará co nome de elasticLM, é o resultado final do Proxecto SmartLM, financiado polo VII Programa Marco da Unión Europea que ten como obxectivo elaborar mecanismos de xestión e uso de licenzas de software dun xeito máis eficiente e flexible. O resultado se espera que teña un importante impacto en empresas e institucións xa que os novos modelos de licenza máis alcanzables lles permitirán reducir o investimento, aumentando así a súa competitividade.
(+)
Actualizado ( 14.09.2010 )
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Resultados 118 - 126 de 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA