Innovación e Industria presenta o Open Office en galego e o corrector ortográfico de software libre
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou esta mañá en Santiago as novas aplicacións informáticas en software libre que se poderán descargar de balde dende mañá, 17 de maio, do portal mancomun.org.
O EGEE, Enabling Grids for E-sciencE, comezará a súa segunda fase no mes de abril. Este proxecto tan exitoso leva proporcionando unha infraestrutura internacional de computación Grid dende o ano 2004 e continuará facéndoo, alomenos, por dous anos máis, a partir do vindeiro día 1 de abril.
O proxecto e-Hospital facilitará a aprendizaxe a pacientes con longos períodos de convalecencia
Ata un total de 25 pacientes hospitalizados no Juan Canalejo poderán continuar coa súa formación académica, grazas a un convenio subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Juan Canalejo da Coruña e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
A infraestrutura de Grid de EGEE ataca á gripe aviar
Durante o mes de abril, un grupo de laboratorios europeos e asiáticos analizaron 300.000 posibles compoñentes farmacéuticos para combater o virus H5N1 da gripe aviar, utilizando para iso a infraestrutura de Grid de EGEE. A utilización desta rede Grid, na que participou o CESGA, para identificar as pautas máis prometedoras á hora de realizar análises biolóxicas podería acelerar o proceso de desenvolvemento de fármacos contra o virus da gripe.
Innovación e Industria presenta mancomun.org, a iniciativa galega polo Software Libre
O software libre conta por primeira vez en Galiza cun portal de referencia na Administración no que conflúen as diferentes iniciativas galegas existentes neste eido ata o de agora. Trátase de mancomun.org, a Iniciativa Galega polo Software Libre que promove a Consellaría de Innovación e Industria e que será dende hoxe punto de encontro de empresas, administracións e comunidade de usuarios que teñan proxectos de software libre, ben sexan de desenvolvemento, de difusión, de formación ou só de implantación.