CESGA, HP e Intel instalarán "FINIS TERRAE" o supercomputador de maior memoria compartida de Europa
No transcurso dun acto celebrado hoxe no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), coa presenza de numerosas autoridades nacionais e galegas, presentouse o Convenio de Colaboración entre o CESGA, HP e Intel, polo cal a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) instalarán no Centro o maior supercomputador de memoria compartida de Europa, “Finis Terrae”.
Para unha mellor cobertura ás necesidades dos seus usuarios, o CESGA ten xa a disposición dos mesmos tres novos paquetes de software científico instalados nos seus servidores.
O CESGA procederá a dar de baixa a un total de once aplicacións de cálculo científico debido á falta de demanda das mesmas entre os usuarios do Centro. Estas aplicacións, revisada a súa funcionalidade, apenas tiveron uso nos últimos dous anos.