O próximo dia 30 de Xuño realizárase unha parada programada do sistema Finis Terrae entre as 8:00 e as 18:00, para labores de mantemento, polo que devandito sistema non estará accesible. Así mesmo, aqueles traballos que non finalizen con anterioridade a ese día non entrarán en execución no sistema de colas. Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co departamento de sistemas.
Modificado ( 13.06.2011 )
MARCEL CURÉ, O MÉRCORES 8 DE XUÑO NO CICLO DE CONFERENCIAS DO CAMPUS DO MAR
Marcel Cure falará o próximo día 8 de Xuño ás 12:00 horas desde o Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, por videoconferencia, que poderá ser seguida en directo por Internet a través de webTV do Campus do Mar, (http://tv.campusdomar.es). Os espectadores poderán interactuar co relator a través dunha canle de chat.
O Director Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia e Presidente do Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, Ricardo Capilla Pueyo e o Director da Fundación Pública Galega de Mediina Xenómica, FPGMX, e Catedrático da USC, Angel Carracedo, presentaron hoxe no CESGA o “Convenio de Colaboración para a Posta en Produción do Servizo de Ultrasecuenciación de Xenomas Completos”. O acordo facilitará a análise e almacenamento dos datos xenéticos extraídos con tecnoloxías NGS, (Next Generation Sequencing), que permiten analizar grandes rexións do xenoma humano, exomas e xenomas completos. Os novos ultrasecuenciadores están a disposición de todos os investigadores galegos. (+)
Actualizado ( 16.05.2011 )
Aberto o plazo de inscrición para o curso de Introducción a OpenCL
Título: Introdución a OpenCL
Data: 13, 14 e 15 de xuño de 10:00 a 14:00
Lugar: Sala de Usuarios , Cesga , Avda. Vigo s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela