(+) Reforma e Ampliación de Instalación Eléctrica de Baixa Tensión do CESGA (+) Subministro do Sistema de Climatización para o CESGA
Convoca Fundación CESGA.
Actualizado ( 26.05.2007 )
Nova actualización de Cambridge Structural Database (CSD)
O día 22 de maio de 2007, instalouse a actualización de maio de 2007 da base de datos do CSD, contendo 11.466 novas estruturas, o que supón un total de 415.256 entradas na base de datos.
Mancomun.org cumpre un ano como axente catalizador dos proxectos de Software Libre de Galicia
Mancomun.org, a iniciativa da Dirección Xeral de Promoción e Sociedade da Información (DXPSI) para promover e difundir o Software Libre, cumpre un ano como axente catalizador dos diferentes proxectos sobre Software Libre existentes en Galicia. (+)
Modificado ( 15.05.2007 )
España e Portugal crearán unha infraestructura común en computación distribuida e supercomputación
Os ministros de Educación e Ciencia de España e Portugal, Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo e José Mariano Gago, respectivamente, anunciarán o vindeiro luns en Santiago a creación dunha potente infraestructura conxunta entre ambos países en materia de computación distribuida GRID e de supercomputación. O anuncio producirase no marco da I Conferencia Ibérica IBERGRID, que terá lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela entre o 14 e o 16 de maio.
O GRID é unha tecnoloxía que permite integrar recursos computacionais de distintas institucións e usalos como se tratasen dun único superordenador.
A tecnoloxía GRID encóntrase aínda en desenrolo pero, na actualidade, existen xa algúns proxectos como EGEE que crearon infraestructuras GRID que se encontran en producción e que permiten ós investigadores ter acceso a máis de 80000 CPUs distribuidas por todo o mundo:
Para poder ter acceso ós recursos de GRID é necesario solicitar un certificado dixital e rexistrarse nunha Organización Virtual (OV) que é un grupo de ususarios con intereses relacionados.
Actualmente o CESGA dispón dunha autoridade de rexistro na que os usuarios poden solicitar o seu certificado dixital e ademáis participa en diversos proxectos GRID ós que poden ter acceso os usuarios do CESGA a través da OV CESGA.
A continuación incluese máis información sobre cada un dos proxectos e os pasos a seguir para unirse á VO CESGA: