Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
2047 visitantes
Total dende 21-12-05: 74234735 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Proxecto e-CANNED: e-Business na industria conserveira de peixe PDF E-mail
A Unión Europea, a través do programa de Tecnoloxías da Sociedade da Información, finaciará con 900.000 euros o proxecto e-CANNED: e-Business na industria conserveira de peixe, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.
Modificado ( 13.09.2005 )
(+)
Proxecto FUNDUSNET: Validación do telediagnóstico na retinopatía diabética PDF E-mail
A diabete é a primeira causa de cegueira por baixo dos 65 anos nos países desenvolvidos, a pesar de que un diagnóstico precoz e a eficacia terapéutica actual pode reducir claramente o risco de perda visual severa. O exame regular do fondo de ollo nos pacientes diabéticos é básico para o control da enfermidade. Sen embargo, este exame, que xera un gran número de visitas ó oftalmólogo, é aínda moi baixo, incluso nos países máis industrializados.
(+)
Mellora do subsistema de almacenamento de usuario PDF E-mail
Desde o pasado 4 de abril, os usuarios do CESGA teñen acceso a un novo servidor de almacenamento formado por un sistema Sun UltraEnterprise 3500. A configuración deste servidor está formada por 4 procesadores UltraSparc II a 400 MHz, 8 MB de caché de nivel 2 e un total de 512 MB de memoria RAM, para facilita-lo acceso ós máis de 8 TB de almacenamento dispoñibles. Esta nova configuración supón duplica-la capacidade de procesamento do servidor de almacenamento.
(+)
Ampliación do servidor SUN HPC 4500 PDF E-mail
O servidor de cálculo escalar paralelo de memoria compartida da casa SUN Microsystems HPC-4500 que comezou a prestar servicio o pasado mes de agosto foi ampliado con dúas novas CPUs, co que a configuración deste servidor queda en 12 CPUs UltraSparc-II a 400 Mhz e 4 Gigabytes de memoria principal. Os dous novos procesadores comezaron a prestar servicio en xaneiro. Con esta ampliación a capacidade de cálculo pico teórica deste servidor vese incrementada ata os 9.6 GFLOPS.

A ampliación deste ordenador foi posible gracias ó cofinanciaciamento obtido a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER.
IBM impulsa un superordenador basado en Linux PDF E-mail
IBM terá listo a principios do verán un superordenador basado en LINUX que asegura ocupará o posto 24 dentro da lista TOP500 das máquinas máis rápidas do mundo. Por outra banda, a compañía anunciou estes días a venda da súa participación na distribución de Linux Red Hat, unha operación que moitos interpretan como un alonxamento do contorno de código aberto. Dende IBM asegúrase que os motivos da venda de accións son puramente financieiros.

Frank Gilfeather, director de superordenadores na Universidade de Novo México, explicou que: " Os clusters Linux son o futuro dos superordenadores do século XXI. Cremos que sustituirá ós tradicionais Cray, IBM e Silicon Graphics a causa do seu precio, moito máis barato".

A empresa planea lanzar paquetes de clusters Linux antes de fin de ano, dirixidos a actividades de procesamento, e-business e universidades.
<< << < < 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 > > >> >>

Resultados 802 - 810 de 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA