Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Proyectos » O CESGA leva a videoconferencia aos CPI mediante o proxecto A PONTE
Destacados

Conectados
311 visitantes
Total desde 21-12-05: 66661621 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

O CESGA leva a videoconferencia aos CPI mediante o proxecto A PONTE PDF E-mail
O CESGA instalou equipos compactos de videoconferencia Polycom en catro Centros Públicos Integrados (CPI) participantes no Proxecto A PONTE. Os CPIs de Padrenda, Baralla, Cabana e Maside veñen facendo uso da destes equipos para comunicarse entre eles, co help desk A PONTE no CESGA e co COIE da USC.

A Comunidade Europea a través de ESPRIT, asignoulle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento levar a cabo o proxecto A PONTE. Este é un proxecto de demostración e investigación sobre o impacto das Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TICs) no ensino nun contorno rural. Os resultados de A PONTE servirán para achegar experiencias a rexións similares en Europa. O desenvolvemento do proxecto vén sendo avaliado polos pedagogos do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela.

Un dos principais obxectivos de A PONTE é mellora-la comunicación entre as comunidades e as institucións educativas a través do uso das TIC. Así, os equipos de videoconferecia véñense empregando, por exemplo, para celebrar sesións informativas para os alumnos dos CPI sobre a oferta educativa das universidades. O pasado mes de marzo celebráronse estas sesións nas que persoal responsable do COIE suliñou os aspectos máis significativos da Universidade e o xeito de acceder a ela. Os alumnos nos CPI expresaron as suas inquedanzas e formularon preguntas vía videoconferencia.

Estas sesións forón transmitidas por stream vía Internet facendo uso do servidor StreamStation da casa Polycom sobre o que o CESGA en colaboración con TowerTBA vén realizando beta tests nun contorno de explotación. A transmisión vía stream, fixo posible que alumnos e profesores de tódolos centros participantes en A PONTE seguiran a sesión empregando Realvideo nos seus PCs.

Modificado ( 08.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA