Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
1010 visitantes
Total dende 21-12-05: 67164426 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Execución mais eficiente de códigos Monte Carlo en Grid PDF E-mail
O próximo xoves, 23 de xuño ás 12:00 PM.
Lugar: Sala de Presentacións do Centro de Supercomputación de Galicia, Avenida de Vigo s/n, 15705 Santiago de Compostela.
Poñente: Rafael Mayo, da Unidade de Supercomputación e desenvolvemento Grid, Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), Madrid.

Os códigos Monte Carlo son usados amplamente en infinidade de áreas científicas e sociais. Así mesmo, pola súa estrutura, son ideais para poder executarse en plataformas de cálculo distribuído como o Grid. Non obstante, o carácter dinámico desta última permite unha mellor execución deste tipo de códigos se se logra caracterizar en tempo real todas as súas capacidades, mellorando así a planificación de tarefas. Na charla presentarase como se logrou implementar esta planificación e os resultados que se obtiveron sobre infraestruturas reais en produción en distintos códigos Monte Carlo.
Actualizado ( 21.06.2011 )
Problemas no acceso a servizos CESGA PDF E-mail
Onte, día 16 ás 19:00 horas, experimentouse un problema interno de comunicacións que afectó a algúns servizos do CESGA, como o acceso ao FinisTerrae e ao SVG. Progresivamente recuperouse o funcionamento dos servizos afectados, ata que ás 11:00 horas de hoxe, 17 de Xuño, a incidencia quedou solucionada e a esa hora todos os servizos funcionaban xa de modo normal e estable. No entanto, rogámoslle poña en coñecemento dos técnicos de soporte do CESGA calquera incidencia que detecte en relación aos seus procesos ou datos. Desculpen as molestias no acceso a servizos que o incidente puidese ocasionar, grazas.
Actualizado ( 17.06.2011 )
Conferencia ISOC-ES PDF E-mail
O próximo Mércores 29 de Xuño ás 18:00 horas terá lugar a conferencia "Herramientas colaborativas en entornos de altas prestaciones" impartida por Natalia Costas Lago, Técnico Superior de  Comunicacións do CESGA, e organizada polo Capítulo Español de ISOC, para achegar temas de interese á súa comunidade. Poderase seguir en directo de xeito remoto dende Internet mediante streaming e de xeito presencial nas sedes indicadas aquí.
Actualizado ( 17.06.2011 )
O MASTER EN SUPERCOMPUTACIÓN FORMA PROFESIONAIS PARA A INDUSTRIA E A INVESTIGACIÓN PDF E-mail
  • UDC, USC e CESGA imparten conxuntamente o Master en Computación de Altas Prestacións.
  • A industria demanda cada vez mais profesionais con formación específica en Computación de Altas Prestacións.
As técnicas de Computación de Altas Prestacións (HPC) tentan dar resposta a numerosos problemas de Ciencia e Enxeñaría que requiren o procesado de grandes cantidades de datos numéricos, reducindo os tempos de resolución e posibilitando o tratamento de problemas de maior complexidade. Hoxe o Presidente do CESGA e Director Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Ricardo Capela Pueyo, o Reitor da Universidade dá Coruña, José María Barja Pérez, e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, presentaron o Master Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións . Froito da colaboración entre a UDC, USC e CESGA, nace como resposta á demanda crecente de profesionais con este perfil en supercomputación, tanto para a industria como para a investigación. Así este MASTER conta coa colaboración de numerosas empresas do sector como IBM, Fujitsu, Bull, HP, Intel, AMD, Gompute e Dygra Films.
(+)
CESGA APOIA O DIA GLOBAL DE IPv6 PDF E-mail

test ipv6O 8 de xuño celébrase, ao longo e ancho de internet, o Día Mundial de IPv6. Grandes provedores de Internet como Google Facebook, Yahoo! e Limelight Networks estarán entre as maiores organizacións que ofrecerán os seus contidos en IPv6 durante o día 8, participando nun test que durará 24 horas. O obxectivo principal da devandita celebración é concienciar a usuarios, provedores de contidos e especialmente aos provedores de acceso a Internet, da necesidade de actualizar os seus equipos para que funcionen de acordo á nova versión do protocolo fundamental: IP (Protocolo Internet). A versión anterior, coñecida como IPv4 quedouse curta en varios aspectos. Destes, o máis serio é que xa non quedan mais direccións IPv4 dispoñibles. Todo PC conectado a Internet necesita dunha desas direccións. Así mesmo necesítana os servidores web, os ruters caseiros, os teléfonos móbiles e... un longo número de aparellos diferentes. Sen esa dirección non poderán funcionar. De aí, a necesidade da nova versión (IPv6) que, á parte de ofrecer grandes melloras, dispón un número de direccións millóns de veces superior ao dispoñible sobre IPv4.

Conscientes da importancia deste evento, o Cesga, en colaboración coas tres universidades galegas, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, ISOC-es, e coa colaboración de Angelo Gonzalez, organizan unha serie de actividades destinadas a determinar en que medida os atrasos actuais no despregamento afectan á comunidade galega de usuarios e contribuír á aceleración do despregamento de IPv6.

Para ampliar información  visite esta páxina web.

Actualizado ( 01.06.2011 )
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 28 - 36 de 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA