A simulación numérica está considerada como unha das mellores ferramentas avanzadas de deseño industrial, xa que permite coñecer a través da resolución de modelos matemáticos de fenómenos físicos, o comportamento final dun produto ou as consecuencias sobre o produto debido ás manipulacións da fabricación, detectando de forma virtual anomalías que poden degradar a calidade final do mesmo antes da súa fabricación.
O obxectivo do proxecto é deseñar unha metodoloxía de medida (e a realización posterior dun primeiro estudo facendo enquisas telefonicamente a 400 empresas) sobre o grao de utilización, coñecemento, confianza e barreiras á introducción da simulación numérica nas PEMEs de Galicia. O estudo deberá medir o grao de coñecemento das tecnoloxías de simulación numérica nas empresas, o seu grao de utilización, confianza nas mesmas, detectar as barreiras para a introducción nos procesos de deseño e valorar os aforros de custes estimados pola introducción desta tecnoloxía.
Ademais, prevese obter unha serie de casos prácticos así como se catalogarán os grupos de investigación e empresas galegas que realizan investigación sobre ferramentas de simuación numérica ou utilizando estas.