FUNDUSNET - Validación do telediagnóstico na retinopatia diabética
Periodo : 09 / 1998 - 09 / 2000
Responsable: Dr. Francisco Gómez Ulla
Equipo:
Dra. María Isabel Fernández Rodríguez
Unidade de Retina Médica e Diabete Ocular do Servicio de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
Pablo Rey Mayo
Técnico informático do CESGA e autor da aplicación.
Descrición :
A diabete é a primeira causa de cegueira por baixo dos 65 anos nos países desenvolvidos, a pesar de que un diagnóstico precoz e a eficacia terapéutica actual pode reducir claramente o risco de perda visual severa. O exame regular do fondo de ollo nos pacientes diabéticos é básico para o control da enfermidade.
Sen embargo, este exame, que xera un gran número de visitas ó oftalmólogo, é aínda moi baixo, incluso nos países máis industrializados.
A demanda desta poboación supera actualmente a posibilidade de atendela adecuadamente nas unidades especializadas en diabete ocular. A avaliación e manexo da retinopatía diabética é unha aplicacón factible da telemedicina, xa que esta baséase en gran medida no diagóstico por imaxe.
A CICYT contribuíu coa financiación para este proxecto sobre telemedicina dirixido pola Unidade de Retina Médica e Diabete Ocular do CHUS en colaboración co CESGA.
Obxectivo:
FUNDUSNET ten por obxectivo a validación dun sistema a distancia que permita que un centro de referencia altamente cualificado poida diagnosticar e asesorar nun breve prazo de tempo. Para isto tomanse imáxes dixitais da retina a través de cámaras non midriáticas en unidades periféricas de consulta e envianse a través da rede o centro de referencia para o seu telediagnóstico. Para coñece-la fiabilidade e especifidade do método, as diagnoses resultantes da exploración da imaxe dixital son contrastadas coas diagnoses emitidas a través de exame directo do mesmo fondo de ollo e a través das imáxes tomadas en diapositivas.
Unha vez se teña comprobada a validez do método para facer diagnóssticos eficaces cun grao de confianza suficiente, o centro de referencia, coordinado por un experto en diabete, e coa axeitada formación en sistemas de análise e tratamento de imáxes, asesorará sobre o diagnóstico e seguimento recomendado de cada paciente en menos de 24 horas (telediagnóstico).
Ofrécese tamén a posibilidade de teleconsulta cunha resposta en menos de 2 horas podendo ser nalgúns casos on line.
Deste xeito poderemos:
Evita-la progresión da enfermidade ante a espera da súa valoración por un centro cualificado.
Evita-lo desprazamento innecesario de pacientes fóra da súa área sanitaria e incluso do seu centro asistencial.
Diminuilos custos socioeconómicos ó mellora-lo nivel diagnóstico terapéutico na loita contra a perda visual (desprazamentos, perda de horas de traballo para acudir a un centro distante do lugar de traballo, baixas, permisos laborais, grande invalidez.)
Crear unha prestación sanitaria eficaz, estable e con posibilidades de expansión.