Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » e-learning » Proxectos
Destacados

Conectados
311 visitantes
Total dende 21-12-05: 75380152 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

SIAM - Sistema de Información Ambiental de Galicia
PDF E-mail

Periodo : 11 / 1999 - 12 / 1999
Responsable: José Manuel Pereira. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia. José Antonio Souto. CESGA
Equipo:
  • Francisco Serrallé. Coordinador de Proxecto. Consellería de Medio Ambiente.
  • José Saá. Consellería de Medio Ambiente.
  • Claudia Engel, Eva Pereira, Carlos Fernández Balseiro, Francisco Landeira, Emilio Abad, José Carlos Pérez, Jesús Ramírez. CESGA
  • Miguel Romaní. Computer Associates.

Descrición :

O Sistema de Información Ambiental de Galicia (SIAM), ten como funcionalidade xeral o acceso á información ambiental en dous niveis:

Intranet: Xestión ambiental de información técnica, realizada por técnicos da propia Dirección Xeral.

Internet: Información ambiental, de carácter divulgativo, e accesible polos ciudadanos en xeral.

1) Información Internet: Consulta dun conxunto de contidos divulgativos que sirvan de información ó público e ós técnicos, tendo en conta as demandas existentes actualmente en canto a información ambiental en Galicia. Estas demandas corresponden ós seguintes apartados, todos eles relacionados co medio ambiente en Galicia:

Información administrativa.

Indicadores ambientais.

Divulgación de información ambiental.

Cartografía ambiental.

Esta información é accesible vía Internet a nivel de consulta. Ver [SIAM Fig. 1]

2) Acceso Intranet: Xestión de información ambiental técnica e divulgativa, cos contidos que progresivamente se vaian incorporando. Ver [SIAM Fig. 2]

O acceso á información vía Intranet é de tres tipos:

Actualización da información: automática, ou por persoal técnico.

Validación da información actualizada.

Acceso para consulta como información técnica (táboas, gráficas, etc.) e divulgativa.



Estructura:

O Sistema de Información Ambiental Piloto está composto dos seguintes elementos hardware e software:

Elementos hardware:

SIAM instálase sobre:

DB: Servidor de base de datos, con sistema operativo Solaris (UNIX).No modo de demostración previsto, neste servidor tamén se instala o Sistema de Información Xeográfica (GIS), para acceder á información cartográfica vía Internet/Intranet.

WWW: Servidor Web, con sistema operativo Windows/NT.

Equipo cortalumes.

Tódolos equipos están conectados segundo se mostra na figura 1.1. A instalación de dous servidores distintos, para a base de datos e para o Web, xustifícase principalmente por razóns de seguridade da información.

Elementos software:

Xestor de base de datos: Jasmine, instalado sobre o servidor de base de datos.

Xestor de Web: Internet Information Server, instalado sobre o servidor Web.

Sistema de Información Xeográfica: Instalado sobre o servidor de base de datos.



Funcionamento:

O funcionamento do SIAM iníciase coa conexión á páxina Web de entrada ó Sistema desde un browser (Netscape, Internet Explorer). Esta páxina é elaborada polo xestor de base de datos Jasmine, mediante a combinación da información dinámica que se presenta nesta páxina (texto, imaxes, etc), incluída na base de datos, e un patrón ou formato de páxina Web correspondente, que tamén se almacena na base de datos.

A páxina Web que o xestor da base de datos Jasmine elabora seguindo os estándares do servidor Web da Xunta de Galicia, é devolta ó xestor de Web do SIAM, o cal a súa vez o remite ó browser do usuario.

Este proceso repítese coa conexión a cada páxina Web do SIAM, de modo que o usuario navega pola información da base de datos coma se se tratase dun Web estático. O usuario non require no seu ordenador máis que un browser de Web, o mesmo que utilice para navegar habitualmente por Internet, de modo que non se precisan licencias de software cliente para a conexión á base de datos nin unha aprendizaxe informática adicional á do manexo dun browser convencional.

Sen embargo, fronte ó que representa un xestor de Web, SIAM ten a súa información estructurada e asegurada dentro dunha base de datos. Incluso a estructura das páxinas (patróns) está incluída na propia base de datos, co que o administrador do SIAM pode redeseña-lo aspecto das páxinas Web modificando o patrón que utilice, sen necesidade de altera-la programación da base de datos ou o xestor de Web.

Por último, a posibilidade de incluír información multimedia na base de datos significa que tamén as imaxes, sons e vídeos que se presentan nas páxinas Web poden ser modificados, sempre que o usuario estea autorizado para iso, para o que se habilitan páxinas de acceso restrinxido.

En definitiva, no SIAM aprovéitanse tódalas vantaxes dun xestor de Web en canto á difusión de información, e tódalas vantaxes das bases de datos en canto á xestión da información, o que o convirte nun auténtico Sistema de Información.



Resultados:

Os resultados obtidos son la creación dunha base de datos para un Boletín de Formación Ambiental e un servidor cartográfico vía web.


SIAM Fig. 1.- Esquema da obtención de información vía Internet

SIAM Fig. 2.- Esquema da obtención de información vía Intranet. Acceso restrinxido.

Actualizado ( 08.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA