Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » e-learning » Proxectos
Destacados

Conectados
615 visitantes
Total dende 21-12-05: 75379727 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

PMI - Seguimento e mellora do Sistema de Predicción Meteorolóxica de Inmisión
PDF E-mail

Periodo : 10 / 1998 - 09 / 2000
Responsable: José Antonio Souto González
Equipo:
  • Miguel Carlos de Castro Miguel e José Carlos Fernández Balseiro. Departamento de Enxeñería Química. Universidade de Santiago de Compostela.
  • Vicente Pérez Muñuzuri, Mª Jesús Souto Alvedro, Departamento de Física da Materia Condensada, Universidade de Santiago de Compostela.

Descrición :

A través da experiencia adquirida na implantación e explotación do Sistema de Predicción Meteorolóxica de Inmisión na C.T. As Pontes constatouse a necesidade de cubrir algúns aspectos relacionados coas necesidades operativas do Sistema. Os obxectivos deste traballo son, polo tanto, desenvolve-los seguintes aspectos:

1. Realizar unha análise de alternativas de subministración dunha predicción meteorolóxica a mesoescala, que sexa válida como condición de contorno do modelo de predicción meteorolóxica local implantado no Sistema. Estas alternativas pasarán pola busca de posibles provedores de prediccións meteorolóxicas para Galicia no ámbito nacional e internacional, a avaliación das súas posibilidades de aplicación no contorno da C.T. As Pontes, e a estimación dos seus custos de explotación, a fin de obte-la mellor solución.

2. Realizar un estudio de solucións aplicadas noutros modelos de predicción meteorolóxica, a fin de buscar distintas solucións a fenómenos como a predicción do desenvolvemento da capa de mestura nocturna, a influencia mariña sobre o fluxo atmosférico e a turbulencia asociada a eles. Os contactos coa Universidade de Aveiro (Portugal) e o Centro de Predicción de Tormentas (CAPS) da Universidade de Oklahoma foron especialmente útiles na realización deste traballo.

3. Continua-la calibración do modelo de difusión atmosférica, a fin de mellora-los resultados do Sistema. Dentro desta actividade, englóbase a participación no experimento proposto dentro da iniciativa europea "5th Conference on Harmonization within Atmospheric Dispersion Modeling for Regulatory Purposes", para a avaliación de modelos de aplicación reguladora en Europa.

4. Mante-lo Sistema en funcionamento na C.T. As Pontes.



Resultados:

Como resultados máis relevantes deste proxecto, o sistema continuou o seu funcionamento operativo durante o período previsto, ademais de realizarse a calibración do modelo de difusión atmosférica, tanto nas parametrizacións de sobreelevación como de expansión do penacho. Na comparación do modelo de difusión con outros modelos europeos, só algúns modelos de partículas obtiveron mellores resultados, a base dun maior esforzo computacional.

No tocante á predicción meteorolóxica do sistema, acadáronse resultados razoables con prediccións numéricas subministradas por predictores privados. Ademais, comparouse o modelo de predicción hidrostático con outros de tipo non hidrostático (ARPS e MEMO), acadándose resultados similares. Estes resultados foron mellorados no modelo de predicción hidrostático coa inclusión de efectos mariños e a corrección da inicialización, o que permitiu garanti-la execución do modelo en practicamente o 100% dos casos.

Figura 1. Dispersión del penacho emitido por la Central Térmica de As Pontes

Figura 2. Sobreelevación y dispersión vertical del penacho


Tempo de Supercomputación Usado:

Fujitsu VPP300E: 150 horas.


Publicacións:

«Air pollution control at As Pontes Power Plant». J.J. Casares, J.A. Souto, T. Lucas, J.L. Bermúdez. Workshop on Continous Emissions Monitoring, IEA Coal Research, London,
24-25 May 1997.


«Sistema en tiempo real para el control del impacto atmosférico de CC.TT.»
L. Cremades, J.M. Baldasano, J.A. Souto, J.J. Casares, J. Rovira, J. Abadía. Energía, No. 1, Enero/Febrero 1998.


«Forecasting and diagnostic analysis of plume transport around a Power Plant»
J.A. Souto, V. Pérez-Muñuzuri, M.C. de Castro, M.J. Souto, J.J. Casares. Journal of Applied Meteorology, 37, 1068-1083, 1998.

Actualizado ( 08.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA