QualyTIC - Desenvolvemento e avaliación dunha metodoloxía de cualificación da oferta empresarial de servicios TIC, baseada nun sistema de cualificadores deseñados dende o punto de vista da demanda
O proxecto QualyTIC botou a andar no 2002 co obxectivo de elaborar un sistema de cualificación que permita crear un directorio de servicios TIC e lles facilite ás empresas usuarias a selección do seu provedor. Este directorio pretende converterse no futuro nun referente empresarial en Galicia para a demanda do sector TIC.
A base de datos resultante potenciará o achegamento entre a oferta e a demanda de servicios TIC e será de utilidade tanto para os provedores TIC como para as empresas usuarias destes servicios. Para isto, cómpre fomentar o desenvolvemento posterior de servicios de información que incorporen a metodoloxía que forma parte deste proxecto.
No proxecto QualyTIC participan o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) a través do Centro de Competencias en Comercio Electrónico e a empresa EOSA Consultores.