Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » e-learning » Projects
Highlights

Users Online
321 guests online
Total since 21-12-05: 66549001 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Aplicación do GIS ao estudo do impacto ambiental para a instalación dunha subestación eléctrica.
PDF E-mail

Period : 07 / 1998 - 10 / 1998

Description :

Relizouse este estudo co fin de determinar o inventario ambiental da zona ámbito do estudo (aproximadamente 150 Km2), e a selección de polo menos 6 emprazamentos alternativos para a ubicación da debandita subestación. O Centro de Supercomputación de Galicia desenvolveu a análise GIS e a súa aplicación ao estudo.

A continuación preséntanse os distintos apartados nos que se dividiu o inventario ambiental.

- Medio físico

· Xeoloxía
· Litoloxía
· Xeomorfoloxía
· Risco de erosión
· Risco de inundación
· Edafoloxía
· Auga

 

- Medio Biolóxico

· Clima
· Vexetación
· Fauna

- Medio socioeconómico

 · Paisaxe
 

Tanto a entrada como o proceso de datos desenvolvéuse co  GIS ARC/INFO, por ser este un programa suficientemente potente para realizar a análise co elevado volume de información que se ía manexar. Cos resultados da análise desenvolveuse unha aplicación específica en Arcview de doado manexo.

A entrada de datos foi da seguinte maneira:

1. Construcción de mapas temáticos a partires da información recopilada sobre a base topográfica 1:25.000 adquirida no Instituto Xeográfico Nacional.

2. Escaneado de mapas.

3. Vectorización de mapas e xeración da base de datos asociada.

4. Cumprimentación da base de datos.

5. Integración desta e do mapa temático asociado.

6. Revisión dos datos inseridos.
 

O proceso de análise de información foi o seguinte:

1. Intersección dos diferentes mapas temáticos para a xeración de unidades temáticas.

2. Análise de cada unha das unidades temáticas

3. Intersección de cada unha das unidades temáticas para a obtención do mapa de zonas axeitadas e zonas excluintes.

4. Selección de 8 zonas para a ubicación da subestación no mapa de zonas recomendadas e excluintes.

5. Xeración do mapa de cuncas visuais de cada unha das localizacións elixidas.

6. Programación dunha aplicación para a súa visualización en Arcview.

Este último apartado incluíu unha serie de traballos encamiñados a rematar o proxecto, para que o seu manexo, utilidade e aspecto fosen os adecuados:

 - Xeración de menús acorde co  estudo.
 - Xeración de programas capaces de imprimir á escala e coa lenda de mapa axeitada.
 - Incorporación de foto satélite de toda a zona.
 - Incorporación de fotos aéreas escala 1:18.000 de cada unha das zonas propostas.
 - Xeración dun programa de instalación/desinstalación da aplicación para a súa mellor xestión.

 Para cumprir o obxectivo final de chegar a unha serie de zonas óptimas para a localización da subestación eléctrica, realizouse un tratamento dos datos en catro etapas fundamentais:

1. Xeración de mapas temáticos

2. Xeración de unidades temáticas

<3. Xeración de mapa de zonas excluíntes e recomendadas

4. Xeración do mapa final e de cuncas visuais.

subir

1.  Mapas Temáticos

Cada un dos mapas leva unha base cartográfica especialmente pensada para unha doada ubicación. Esta base consta dos seguintes elementos:

· Reixa UTM
· Vias de comunicación
· Núcleos Urbanos
· Liñas de Alta Tensión
· Topónimos máis importantes
· Límites Municipais

 Mapa Topográfico: construíuse a partir das follas escala 1:25.000 do Instituto Xeográfico Nacional despois da súa reconstrucción. É de señalar a aparición de múltiples defectos importantes nestas follas, o que supuxo a realización dun traballo adicional para a súa corrección.

Mapa Xeolóxico

Mapa Hidroxeolóxico

Mapa Hidrográfico

Mapa de Vexetación

Mapa de Fauna

Mapa Edafolóxico

Mapa de Usos do Solo

Mapa de Dereitos Minieros

Mapa de Espacios Naturais

 

 

 

Mapa de Espacios de Interese

Mapa de Planeamento Urbanístico

Mapa de Montes Comunais

Mapa do Patrimonio

Mapa de Infraestructuras, Proxectos e Enerxía

Mapa de Pendentes

Modelo Dixital do Terreo

2.  Unidades Temáticas

Constrúense a partir da intersección dos mapas temáticos, obténdose os seguintes:

Mapa Xeomorfolóxico

Mapa da paisaxe

Mapa de Risco de Incendio e Inundación

Mapa de Risco de Deslizamento

Mapa de Condicións económico-ambientais

 

 

 

 

 

Exemplo de como do mapa miniero (esqda) e outros obtense o de condicións económico-ambientais.

Cada un destes mapas leva asociada unha base de datos na que se pondera cada un dos seus apartados.

subir

3.  Mapa de Zonas Excluíntes e Recomendadas

É o mapa resultado da intersección de tódalas unidades temáticas, de onde se seleccionarán as 8 zonas a ubicar a subestación eléctrica.

4.  Mapa Final e Mapa de Cuncas Visuais

Mapa Final: Mapa onde se ubican as 8 zonas seleccionadas, cunha base de datos asociada na que quedan reflexadas os pros e contras de cada localización.

 

 

 

 

 

Zonas recomendadas e información asociada (esqda). Foto aérea escala 1:18.000 de cada zona
Mapa de Cuncas Visuais: onde se amosan as zonas do contorno de cada unha das localizacións dende os que resultaría visible a subestación nun radio de 7 Km.

 

Last Updated ( 07.11.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA