Aplicación do GIS ao inventario de solos contaminados de Galicia
Periodo : 01 / 2001 - 01 / 2002
Socios : Norcontrol
Responsable: Francisco Landeira Vega
Equipo:
Emilio Otero Mera
Descrición :
Realizouse unha aplicación no Desktop GIS ArcView na que se introduciron os puntos contaminados coa súa base de datos alfanumérica e de cada imaxe asociada, podendo consulta-la información a través de consultas tipo ademais da consulta espacial.
O obxecto do estudio foi facer un inventario de puntos contaminados de Galicia e crear unha aplicación GIS de tal maneira que se puidesen consulta-las súas características de forma rápida dende unha aplicación a medida.
Os puntos introducíronse a través da súa coordenada X e Y, xeorreferenciándose automaticamente nunha capa de información de fondo que comprende a información básica cartográfica de toda Galicia. Tamén se introduciu a través do escaneo e vectorización o mapa de Vulnerabilidade de Galicia.
A continuación realizouse unha aplicación na que se pode consultar toda a información da base de datos (máis de 200 campos) a través de menús específicos; algunhas das consultas que se poden realizar son as seguintes:
Vulnerabilidade do medio
Contaminantes potenciais
Tipo de actividade
Busca por provincia ou concello
Tipo de propiedade
Período de actividade contaminante
Uso do solo
Medidas de control ambiental
Consultas de análise (distancia a núcleo urbano, a conca próxima, etc.)
Receptores de risco
Así mesmo asociouse a cada localización cadansúa foto de forma que se pode picar nel e visualizala.