O obxectivo principal do proxecto é a realización dun curso multimedia interactivo da linguaxe de programación Fortran 90 nun contorno de educación distribuído para escenarios de ensino a distancia. O material do curso está localizado nun servidor Web do CESGA. O contido desenvólvese en formato HTML, completándoo con compoñentes interactivos desenvolvidos en Java. O curso mesmo incorpórase nun contorno de "aula distribuída" (distributed virtual classroom) que presta servicio de videoconferencia (tele titor) e permite compartir aplicacións (traballo en equipo). Avalíase o demostrador cun grupo de usuarios reais das universidades galegas (informática, matemática, enxeñería, etc.) que poden acceder tanto ó contorno coma ó material do curso desde PCs situados en lugares remotos (Vigo, Santiago, A Coruña).