A Ponte - an Approach to the dePloyment Of New Technologies in Education.
Periodo : 09 / 1998 - 09 / 2000
Responsable: María José Rodríguez Malmierca
Equipo:
Entidades colaboradoras: SEMA Group (ES) -coordinador-, CESGA + USC, Associação das Universidades da Região Norte (PT), Context European Educational Ltd. (NL), SBLN Ltd. (GB).
O proxecto A PONTE tivo como obxectivo a contribución de novas experiencias a través do uso das tecnoloxías da información e da comunicación na educación. O enfoque centrouse nos problemas específicos das comunidades educativas de Galicia e do norte de Portugal, debido ó carácter rural das zonas. A PONTE pretendeu divulgar coñecementos de Internet e facilita-lo acceso a servicios de Internet sumamente avanzados nos institutos de Ensino Secundario e nos institutos de Formación Profesional nas respectivas áreas. O obxectivo xeral consistíu en demostra-las vantaxes do uso das tecnoloxías da información no sistema educativo. A PONTE investigou se o uso de Internet pode engadir valor para as comunidades educativas, particularmente en zonas rurais e propuxo métodos para iso. Tamén pretendeu contribuír con experiencias para transferilas con posterioridade a rexións similares en Europa.