Gaceta Dixital - Aplicación Didáctica do Xornal Electrónico
Periodo : 01 / 1997 - 01 / 1998
Socios : Facultade de Ciencias de Información, Universidade Santiago de Compostela (FCI-USC), Instituto de Ciencias da Educación, Universidade Santiago de Compostela (ICE)
O proxecto ten como obxectivo principal a introducción de novas tecnoloxías no ensino universitario, nunha primeira fase, na Facultade de Ciencias de Información. Especificamente, trátase dunha elaboración dun periódico dixital, Gaceta Dixital, e a súa utilización como recurso didáctico, usando para iso as posibilidades de comunicación e o ensino a distancia das redes telemáticas e, máis concretamente, da "Autopista Galega da Información" (AGI). Ademais o proxecto contempla a realización de cursos e seminarios e formación do profesorado.