Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
2883 visitantes
Total dende 21-12-05: 66570350 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

GALIGRID - Estudo e implementación dunha plataforma de computación baseada en tecnoloxías GRID
PDF E-mail

Periodo : 01 / 2000 - 01 / 2001
Equipo:
  • UDC:Ramón Doallo
  • Cesga: Ignacio López

Descrición :

O traballo a realizar neste proxecto consiste no deseño, desenvolvemento, implementación, probas e difusión dun sistema de computación distribuído baseado en tecnoloxías GRID. O termo GRID foi acuñado nos últimos anos como equivalente ao de metacomputador, e pode ser definido como unha infraestructura de software e hardware que prové do acceso barato, xeneralizado, estandarizado e de calidade a capacidades de computación de alto nivel.

Para os usuarios finais e desenvolvedores de programas un dos aspectos críticos dun GRID é a súa complexidade. O desenvolvemento, depuración e optimización de aplicacións paralelas e distribuídas sobre o GRID faise difícil e tedioso debido á natureza permanentemente cambiante e heteroxénea da infraestructura do GRID.

Os obxectivos fundamentais son:

1. Contar cun contorno GRID distribuído entre a Universidade da Coruña (UDC no que segue) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA no que segue) que permita analizar as implicacións deste contorno no referente á xestión de traballos e implantación de aplicacións.

2. Desenvolver, implantar e documentar un front-end para os usuarios finais que permita, mediante a selección de parámetros do traballo a realizar, xestionar o envío de traballos a executar no GRID, fundamentalmente para a execución de aplicacións comerciais de cálculo científico ou enxeñería coas que conta o CESGA (Gaussian, Ansys, MatLab, etc).

3. Analizar a convivencia dos diferentes sistemas de xestión de distribución de traballos (Globus, Condor, etc).

4. Desenvolver unha guía sobre a forma de programar ou adaptar e implantar aplicacións propias ou comerciais nun entorno Grid.

O presente traballo enmárcase dentro da estratexia de soporte de novas tecnoloxías de computación distribuída e a súa implantación en Galicia por parte de ámbalas dúas institucións. Esta estratexia presenta como antecedentes o desenvolvemento do proxecto para o deseño do Superordenador Virtual Galego liderado polo CESGA (xa rematado), e amosa a súa intención de continuidade coa participación activa da UDC e do CESGA (en colaboración coa Universidade de Santiago) coa participación activa na elaboración da proposta dun proxecto máis ambicioso que involucra a 23 institucións de 11 países da Comunidade Europea (proxecto CrossGrid).

Actualizado ( 09.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA