Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
356 visitantes
Total dende 21-12-05: 66571038 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

EVOPROC - Arquitectura para Axentes Autónomos para o Modelado de Usuarios e a Xestión Óptima dun Centro de Supercomputación
PDF E-mail

Periodo : 01 / 2004 - 01 / 2006
Orzamento : 86.752
Orzamento cesga: 24.778 euros
Equipo:
  • Richard Duro Fernández
  • Ignacio López Cabido

Descrición :

A finalidade deste proxecto atópase no ámbito da investigación de técnicas de comportamento autónomo para sistemas multiaxente. Búscase a creación dun mecanismo cognitivo para os axentes individuais que os dote de comportamentos autónomos e un entorno intelixente de integración de ditos comportamentos de xeito que poidan ser aplicados a problemas no mundo real que requiran dunha constante adaptación a circunstancias cambiantes.
Dada a finalidade fundamental de desenvolver un sistema aplicable a problemas do mundo real, o obxectivo de aplicación básico deste proxecto consiste no desenvolvemento dun sistema intelixente que adapte dinámicamente o planificador dun xestor de traballos nun centro de computación de alto rendemento. Buscarase que a arquitectura obtida poida ser extensible á utilización de recursos doutros centros xeográficamente dispersos. O planificador ten como obxectivo maximizar a satisfacción do organismo xestor do centro de computación, que á súa vez depende da satisfacción dos usuarios e dunha serie de políticas que rixen o funcionamento do centro, baseadas na optimización na utilización dos recursos (tanto internos como contratados externamente). Para a adaptación dinámica de dito planificador recurrirase ao estudo e implementación de diferentes estratexias baseadas en arquitecturas multiaxente, onde cada axente conlevará capacidades de aprendizaxe e evolución. Deste xeito preténdese que o axente, segundo avanza o proceso de interacción, poida modelar de xeito autónomo o comportamento do usuario ou recurso que se lle asigna e o grao de satisfacción previsto para dito usuario/recurso ante diferentes posibles estratexias de actuación do planificador. O sistema intelixente de control do planificador de tarefas utilizará esta información para, por medio dun sistema evolucionista de optimización, xerar a estratexia óptima en cada momento
.
Este obxectivo principal componse á súa vez dunha serie de obxectivos parciais:

  • Establecemento dun sistema de medidas directas e inducidas de satisfacción dos usuarios e da satisfacción do propio centro de computación.
  • Desenvolvemento dunha arquitectura baseada en axentes intelixentes que modelen a utilización dos recursos do centro de computación por parte dos usuarios. 
  •  Desenvolvemento dunha arquitectura baseada en axentes intelixentes que modelen os propios recursos que posúe o centro de computación, incluídos nestes os recursos proporcionados por centros alleos ao que nos ocupa e que mediante convenios ou por medio de contratos proporcionen servizos específicos. 
  •  Extensión do Mecanismo Mental Darwinista para Axentes Autónomos (MDB), de xeito que permita aos axentes operar en arquitecturas de servizos, mellorando a eficiencia e facilidade de xestión deste tipo de sistemas tan complexos. 
  • Desenvolvemento dunha serie de interfaces entre os compoñentes do sistema, de xeito que a implementación de cada un destes compoñentes se poida realizar de xeito illado. 
  •  Aplicación de técnicas de cómputo intelixentes a un planificador comercial. 
  •  Cooperación eficiente entre n clúster e no CESGA. 
  •  Incrementar o grao de satisfacción do CESGA, por medio do incremento do grao de satisfacción dos usuarios e o grao de optimización na utilización dos recursos computacionao planificador intelixente e a arquitectura de axentes desenvolvida. 
  •  Implantación do sistema nuis.

Actualizado ( 07.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA