Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
329 visitantes
Total dende 21-12-05: 66548770 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

GEUME - Desenvolvemento dun Sistema de Xestión Ambiental do contorno do Eume
PDF E-mail

Periodo : 11 / 1997 - 11 / 1998
Responsable: José A. Souto González. CESGA.
Equipo:
  • Francisco Landeira Vega, Emilio Otero. CESGA
  • Pastora Mª Bello Bugallo, Departamento de Enxeñería Química, Universidade de Santiago de Compostela.

Descrición :

O principal obxectivo é o desenvolvemento dun sistema de xestión ambiental, baseado no GIS, para facilita-la análise da información ambiental de que dispón Endesa sobre o estado do encoro do Eume e o seu contorno. Este sistema, sobre contorno ArcView, permitirá o manexo da información ambiental xeorreferenciada, co fin de estudia-la relación entre distintos parámetros ambientais no encoro e o seu contorno.

Dentro desta tarefa, incluese a aplicación dun modelo dinámico para o Mn, MEUME, que foi desenvolvido con anteriormente.



Resultados:

Dentro do proxecto, desenvolveuse o sistema GEUME, no que se incorporou a información cartográfica de refencia dispoñible, e prevese incluír medidas de parámetros ambientais de interese.

Ademais, os resultados obtidos co modelo MEUME demostraron a contribución significativa do Mn procedente dos sedimentos do encoro na descarga, en determinadas épocas do ano, aínda cando a achega de Mn procedente da explotación mineroeléctrica teña diminuído considerablemente, como consecuencia da instalación e mellora da depuración na planta TEL.




Tempo de supercomputación usado:

Execución do modelo MEUME sobre o Fujitsu VPP300E: 20 horas.

O modelo MEUME utiliza as librerías IMSL para a resolución numérica.

Publicacións:

"Sensitivity analysis of a chemical dynamic model for the Mn in rivers: Eume". P. Bello, J.A. Souto, J.J. Casares, T. Lucas. 1998 Goldschmidt Conference, Toulouse, 30 agosto-3 setembro 1998.

Actualizado ( 09.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA