Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
2846 visitantes
Total dende 21-12-05: 66530565 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

FOTOQ3 - Modelización fotoquímica do proxecto de Cargas Críticas.
PDF E-mail

Periodo : 10 / 1998 - 06 / 2000
Responsable: José Antonio Souto González. CESGA
Equipo:
  • María Rosario Méndez Gil e José Carlos Fernández Balseiro. Departamento de Enxeñería Química. Universidade de Santiago de Compostela.
  • Emilio Abad, CESGA.

Descrición :

As investigacións realizadas para comprende-los fenómenos de precipitación ácida inclúen unha combinación de experimentos de laboratorio, experimentos de campo e análise de modelos. Os primeiros, proporcionan a base de datos de procesos químicos e físicos individuais. Os segundos realízanse para estudiar un número limitado de procesos atmosféricos baixo condicións nas que algúns procesos son dominantes. E os últimos permiten realizar análise de datos de procesos que ocorren simultáneamente. Os modelos STEM desenvolvéronse para proporcionar unha base teórica para o estudio das relacións entre emisións, transporte atmosférico, procesos químicos e de cambio, e a distribución resultante dos contaminantes no aire e os patróns de deposición.

Durante este ano, realizouse o traslado do STEM-II ó VPP300 e ó AP3000. Adaptáronse o modelo fotoquímico para traballar con información do contorno, emisións procedentes da Central Térmica das Pontes, e información meteorolóxica. Executouse o modelo durante o 21 de maio de 1997, considerando inicialmente soamente o transporte de contaminantes e posteriormente o transporte e a química en fase gas, de forma que se pode determina-la influencia das reaccións en fase gas na conversión de SO2 a SO42- no contorno da Central Térmica das Pontes, así como verifica-la simulación para outras especies (NOx, O3, ...). O contorno de estudio está localizado en Galicia. Esta é unha rexión caracterizada polas súas elevadas precipitacións, polo que se considerou de grande importancia executa-lo modelo incluíndo tanto química en fase gas como química en fase acuosa, de forma que se poida compara-la conversión de SO2 a SO42- e de NOx a NO3- tendo en conta a fase acuosa ou non, e coñecer ademais a deposición seca dos contaminantes en todo o contorno.

Actualizado ( 10.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA