Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
353 visitantes
Total dende 21-12-05: 66642197 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

FOTOQ1 - Modelos fotoquímicos de contaminantes na atmósfera
PDF E-mail

Periodo : 06 / 1995 - 05 / 1996
Socios : C.T. As Pontes, Endesa, S.A. Dpto. de Enxeñería Química, Universidade de Santiago de Compostela ,CGRER, University of Iowa, USA
Equipo:
  • Tomás Lucas, ENDESA.
  • José A. Souto, CESGA.
  • José Carlos Fernández Balseiro, CESGA.
  • Mª del Rosario Méndez Gil, USC.

Descrición :

O obxectivo deste traballo dirísexe a determinar a influencia das modificacións previstas ou supotas nas emisións á atmósfera da C.T. As Pontes sobre os niveis de contaminantes primarios e secundarios no aire, augua de chuvia, e deposición no solo, tendo en conta os principais mecanismos de transporte, tranformación e deposición, ademais das condicións meteorolóxicas e de contaminación de fondo existentes no contorno.

Na etapa inicial do traballo, aplicouse un modelo de penacho reactivo (CRPM) para reducir as reaccións do ciclo NO-NO2-O3 no seno do penacho emitido pola C.T. As Pontes, de modo que se verificou a capacidade da emisión de NO+NO2 para consumir O3, no entorno de 30 km arredor da Central. Neste estudio contouse coa colaboración de Dr. Jordi Vilà Guerau de Arellano, da Universidade Politécnica de Cataluña.

Na actualidade, estase aplicando o modelo fotoquímico STEM-II, desenvolto polo grupo do Prof. Gregory Carmichael na Universidade de Iowa, para reproducir as transformacións que experimentan os principais contaminantes emitidos pola C.T. As Pontes e, especialmente, o SO2, en fase gas e en fase acuosa. Este estudio, limitado ó contorno de 30 km arredor desa Central, preténdese extender á celda EMEP 17,6 que a contén.

Este proxecto intégrase dentro do proxecto PARADOX, no que tamén participan os grupos do Profesor Carlos Herrero, Universidade de Santiago de Compostela, e do Profesor Dario Prada, Universidade de A Coruña.

As actividades deste proxecto serven de apoio ó Grupo de Modelización Fotoquímica do Proxecto de Cargas Críticas, no que tamén participan Endesa, Inima, CIEMAT, UNESA e Iberdrola.


Distribución de ozono e estimación do alcance do penacho de dióxido de xofre e de sulfato (mínimo 10 microgramos por metro cúbico) no contorno da Central Térmica de As Pontes

Actualizado ( 08.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA