Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
806 visitantes
Total dende 21-12-05: 66697265 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

FOTOGAL - Modelización fotoquímica do comportamento de contaminantes atmosféricos aplicada á rexión galega
PDF E-mail

Periodo : 01 / 1996 - 12 / 1997
Equipo:
  • CESGA:
  • José A. Souto,
  • Carlos Fernández Sánchez
  • USC:
  • Miguel Carlos de Castro Miguel,
  • María del Rosario Méndez Gil

Descrición :

A modelización do comportamento dos contaminantes na atmósfera engloba diversos procesos moi interrelacionados: procesos físicos, como o propio fluxo atmosférico, a dispersión dos contaminantes a súa deposición física, e procesos químicos, como a súa transformación e deposición química. Ata os anos 80 a caracterización do comportamento dos contaminantes atmosféricos e os seus efectos realizábanse individualmente, dado que a interacción con outras especies químicas complica o problema tanto no seu planteamento coma na súa resolución. Neste traballoo, plantease abordar a segunda parte do problema, a transformación química dos contaminantes na troposfera, aplicada ó contorno galego.

O estudio que se vai realizar pretende aborda-la avaliación dos procesos de transformación química e de deposición de contaminantes atmosféricos en Galicia mediante un modelo fotoquímico xa existente, combinado cun modelo de predicción meteorolóxica, ó que se lle proporcionarán datos de orografía, usos de solo, inventarios de emisións e medidas meteorolóxicas, de modo que se obteñan estimacións das concentracións dos contaminantes atmosféricos comparables coas medidas de inmisión dispoñibles, e aquelas doutros contaminantes non detectados. Deste modo, desenvolverase a metodoloxía necesaria para a aplicación dun modelo fotoquímico atmosférico en Galicia.



Resultados:

Como resultados máis significativos do estudio, destacan a aplicación de dous modelos fotoquímicos á zona norte de Galicia:

O modelo CRPM (Chemically Reactive Plume Model), que incorpora a fotoquímica de NOx sobre un penacho atmosférico definido. Esta aplicación demostrou a capacidade dun penacho de NOx para consumi-lo O3 troposférico nos seus arredores.

O modelo STEM-II, que incorpora un mecanismo fotoquímico completo para SO2 e NOx, que permitiu estima-los niveis de contaminantes secundarios procedentes destas emisións na zona norte de Galicia.

Tempo de supercomputación usado:

Fujitsu VP2400/10: 50 horas.

Fujitsu VPP300E: 50 horas.

Fujitsu AP3000: 30 horas.

Publicacións:

"Applications of High Performance Computing in Engineering V"
H. Power, J.J. Casares Long (eds.), Computational Mechanics Publications, Southampton, 1997. ISBN 1-85312-4575.

"Computational cost of the simulation of chemical reactions in a Lagrangian puff model"
J.A. Souto, M.R. Méndez, J.J. Casares, T. Lucas, pp. 287-296.

Actualizado ( 08.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA