Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
324 visitantes
Total dende 21-12-05: 66543762 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

DISPER - Modelos de dispersión atmosférica regulatorios
PDF E-mail

Periodo : 08 / 1998 - 12 / 1998
Responsable: José Antonio Souto. CESGA
Equipo:
  • Pablo Rey Mayo. CESGA
  • Enrique Roca Bordello. CMA

Descrición :

O obxectivo deste proxecto é a adaptación de solucións de dispersión de contaminantes atmosféricos que poidan ser aplicadas pola Xunta de Galicia como ferramentas de prevención e control da calidade do aire na Comunidade Autónoma de Galicia.

O traballo a desenvolver concrétase na adaptación de modelos de dispersión para a súa utilización con fins regulatorios, o que incluirá o desenvolvemento dunha interface amigable sobre MS-Windows que permita o ensaio de escenarios de emisións e meteorolóxicos diversos, e a estimación das súas consecuencias sobre a calidade do aire no contorno.

O traballo a desenvolver abarcará as seguintes tarefas xerais:

Análise e selección de modelos de dispersión atmosférica para propósitos regulatorios: Selección de dous modelos de dispersión atmosférica de traballo.

Elaboración dun interface gráfico sobre MS-Windows: Obtención dunha aplicación gráfica para a execución dos modelos e análise dos seus resultados.

Realización de ensaios tipo: Execución de tres situacións tipo hipotéticas con cada modelo, e análise dos seus resultados.

Anque existe unha variedade de modelos de dispersión atmosférica, con diferente grao de sofisticación, a utilización práctica de modelos de dispersión atmosférica con propósitos regulatorios segue centrándose, tanto en Europa coma en EE.UU., nos modelos de penacho gaussiano. Outros modelos (lagrangianos de estructuras, de partículas, eulerianos) son aplicados a análises particulares da dispersión e transformación de contaminantes, en áreas ou problemas concretos, debido ós seus elevados requirimentos, tanto de cálculo como de información de entrada.

Baixo estas premisas, elixíronse dous modelos de dispersión de contaminantes, de distinto grao de complexidade, que permitan abarca-los requirimentos regulatorios da Xunta de Galicia no control de focos emisores contaminantes e avaliación do impacto de novos focos:

Modelo 1: Modelo de penacho gaussiano, elaborado segundo o "Manual de diseño de chimeneas industriales" publicado polo Ministerio de Industria y Energía. Trátase, neste caso, dun modelo sinxelo, de grande utilidade práctica cuando se dispón de escasa información sobre o contorno no que se encontra instalado ou se pretende instalar unha cheminea emisora. Este modelo permite mostrar unha primera aproximación ó problema, e é de uso obrigado no inicio dun estudio de impacto ambiental.

Modelo 2: ISCST (Industrial Source Complex Short Term Model), avalado pola Axencia de Protección do Medio Ambiente de EE.UU. (EPA), como un dos modelos máis utilizados nos estudios de impacto ambiental de focos emisores atmosféricos. Abarca focos emisores puntuais, lineais e de área, e pode ser aplicado en condicións meteorolóxicas moi diversas e contornos orográficos complexos.



Resultados:

Implementouse o primero dos dous modelos escollidos. A implementación, consistiu inicialmente en estudia-lo código existente para este modelo e adaptalo ás necesidades de aplicación regulatoria. Posteriormente, e unha vez coñecidos os datos tanto de entrada como de saída do modelo, desenvolveuse unha interface de usuario accesible vía Web que permite a introducción dos datos iniciais (datos da cheminea, da meteoroloxía, dos contaminantes, etc.) e a visualización dos resultados obtidos trala execución do modelo.

O próximo paso a seguir é o estudio do segundo modelo (ISCST), así como a súa implementación e creación dunha interface adecuada.

Para a realización da interface de usuario para o primeiro dos modelos utilizouse Java (JDK) como linguaxe de programación. A elección desta linguaxe debeuse á posibilidade de execución da devandita aplicación a través de paginas Web. Pero dada a maior complexidade do segundo modelo, estase cuestionando esta elección, xa que este require unha gran cantidade de recursos gráficos, deberá ser un programa independente do Web, que se descargue desde este para copialo e executalo sobre a máquina do usuario.



Tempo de supercomputación:

O consumo neste proxecto é nulo, dado que o traballo realízase completamente sobre un PC.

DISPER: Introducción de datos

Actualizado ( 10.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA