Curso Introdución ás Técnicas e Aplicacións do S.I.G. e teledetección en ecoloxía. 3ª Edición
Datas: 15.04.2002 ó 26.04.2002 Horario: de 16:00 a 21:00h
Organiza: Colexio Oficial de Biólogos-XESTEC
Nº horas: 45
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Contacto:cursos
Solicitouse a homologación para a validación de 2 créditos de libre configuración na Facultade de Bioloxía da USC.
Xustificación e obxectivos do curso: Os Sistemas de Información Xeográfica (S.I.G.) son ferramentas moi versátiles. A cartografía dixital facilita ver e analizar datos e mostrar e resumir os resultados con máis claridade. Os S.I.G. permiten ademais extraer parámetros de mapas temáticos e almacenalos nunha base de datos co fin de analizar as características do terreo. Unha das súas aplicacións máis clásicas é a busca e selección de áreas con determinadas características. Tamén facilita a xeración de mapas de resultados de análise numéricas, tales como probabilidades, e a predicción da presenza dunha especie nun ámbito xeográfico máis amplo que a área de estudo. A análise con S.I.G. establece relacións espaciais co fin de revelar zonas de conexión ou corredores entre poboacións que se encontran en núcleos diferentes ou arredados. O obxectivo é introducir ó alumno no mundo dos S.I.G. facendo especial fincapé nos fundamentos e técnicas básicas con máis utilidade en ecoloxía.