A contratación para estos postos de traballo queda condicionada a concesión das axudas do Ministerio de Educación e Ciencia e a aprobación preceptiva da Xunta de Galicia. Previamente á solicitude firmarase un acordo de incorporación entre o CESGA e o técnico seleccionado.
Determinación de problemas, seguemento e resolución
Mantemento do rexistro de incidencias. Mantemento dos sistemas.
Colaboración na determinación de arquitecturas de hardware e software óptimas.
Soporte a usuarios relativo a execución das súas aplicacións no Grid.
Mantemento e análise das estatísticas de uso do grid.
Mantemento e seguemento dos servizos de monitorización.
Desenvolvemento de ferramentas de monitorización
Desenvolvemento de ferramentas de accounting
Promoción e impartición de cursos de formación aos usuarios do centro.
Participación en proxectos de I+D+i do área grid.
Ofrécese: Contrato: por obra o servizo determinado (duración aproximada: 36 meses).
Requírese:
Enxeñeiro Superior en Informática, licenciado en Físicas, Matemáticas, Quimicas ou Titulación Superior equivalente de áreas técnicas.
Experiencia, mínima de dous anos, en Administración de sistemas en contornosLinux.
Manexo de ferramentas ofimáticas.
Coñecementos de inglés a nivel técnico.
Dispoñibilidade para viaxar.
Non estar disfrutando actualmente, dun contrato cofinanciado polas axudas concedidas mediante a Orde CTE/1370/2003, do 23 de maio, pola que se establecían as bases e se facía pública a convocatoria de axudas de personal técnico de apoio, no cadro do Programa Nacional de Potenciación de Recursos Humanos do Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica (2000-2003)
Non ter presentado ou ter pretensión de presentar unha solicitude dentro do programa de axudas para a contratación de persoal técnico de apoio (BOE 10 de abril de 2007).
Valórase:
Título de Doutor nalguna das áreas técnicas anteriores.
Coñecementos de Administración de clusters.
Formación ou participación en proxectos I+D.
Coñecementos de ferramentas de monitorización.
Coñecementos de ferramentas de accounting.
Coñecementos de gLite e globus.
Coñecementos de linguaxes de scripting: perl e python.
Coñecementos de SQL, php e java.
Coñecementos de administración de BBDD opensource: Mysql, PostgreSQL.
Dominio do galego.
Presentación de C.V.:
Interesados enviar C.V. e a documentación solicitada nas bases publicadas para este posto, indicando referencia, antes das 14:00 horas do 23-04-2007
Email: emprego@cesga.es
Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela