Description: O Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, inaugurará o próximo luns 15 de xuño, ás 10:00 horas, a Primeira Edición da Escola de Verán do CESGA, "CESGA Computational Science Summer School", o primeiro curso en España que ofrece unha formación completa en programación, paralelización, optimización e execución de aplicacións, depurado e análise de rendemento. Ao rematar os alumnos poderán desenvolver as súas propias aplicacións científicas para programar en grandes supercomputadores.
|