Esta xeración está marcada polo comezo da utilización de circuítos integrados, reducíndose o tamaño dos ordenadores e aparecendo o concepto de minicomputer. O circuíto integrado incorpora un circuíto de transistores completo nun rectángulo dun material semiconductor como o silicio. Este chip protéxese exteriormente cunha caixa de cerámica que lle dá ademáis as conexións eléctricas externas. Estes circuítos substituirán as válvulas de baleiro. Tamén hai unha substitución progresiva das memorias de ferrita polas memorias de semiconductores.
A aparición da Microprogramación permite simplifica-lo deseño das CPUs e incrementar a súa flexibilidade.
Créanse novas arquitecturas: o PROCESADO PARALELO e VECTORIAL (MULTIPROCESO ou compartición de tempo - Time Sharing).
Aparecen métodos eficientes de compartición de recursos (fundamentalmente memoria e procesador, que se incorporan ó sistema operativo). Xeralízanse os Sistemas Operativos. Tamén se empeza a traballar na estandarización da informática, ata este momento moi dependente dos diferentes fabricantes.

A ANSI (American National Standards Institute), aceptou a primeira versión do código ASCII (American Standard Code for Information Interchange, ASA standard X3.4-1963) de 7 bits. Este código permite representa-los caracteres máis habituais na escritura inglesa en forma binaria. Nun principio só admitíu letras maiúsculas. Para as letras minúsculas houbo que esperar ata 1967, momento no que se aprobou unha segunda versión.

Control Data Corporation (CDC), empresa coa que colaboraba Seymour Cray -posteriormente crearía a empresa CRAY RESEARCH-, lanzou o primeiro supercomputador comercial que incluía grandes novedades tales como: a execución de instruccións funcionais fóra de secuencia, unha chea de instruccións, memorias entrelazadas e procesadores periféricos. En realidade, era un conxunto de procesadores (mínimo 11) dos cales 1 era o procesador central de 60 bits e os outros 11 eran procesadores de 12 bits periféricos e de control independentes coa súa propia memoria e que poden executar procesos de forma independente. [Máis información...]


http://library.thinkquest.org/18268/
Good%20gifs/1964-cdc6600.gif

CDC 6600

 

Douglas Engelbart deseña o primeiro rato, patentado en 1967 e presentado en 1968 nunha demostración á que asistieron máis de 1000 informáticos. Este dispositivo é só un dos resultados dun proxecto de investigación "Aumento del Intelecto humano" (Human Intelect Augmentation) onde se inventou ta-mén o tratamento de texto (NLTS, Online Text System), o hipertexto, a teleconferencia, etc. [Máis información...]

Desenvolveuse a linguaxe de programación BASIC (Beginner's All Purpose Symbolic Instruction Code, é dicir Código de instruccións Simbólicas de propósito Xeral para principiantes) baixo a dirección de J. Kemeny e T. Kurtz. Trátase dunha linguaxe sinxela para aprender a programar.

IBM introduciu a primeira familia de ordenadores S/360 que permitían diferentes configuracións compatibles entre si.


http://histoire.info.online.fr/images/ibm360g.jpeg
IBM 360

 

Empezouse o desenvolvemento de MULTICS (Multiplexed Information and Computing Service), un Sistema Operativo de tempo compartido desenvolvido polo MIT, Bell Laboratories e General Electric. A existencia de moitos procesos que se executan simultaneamente precisa da utilización dun programa mestre que se encargue de exerce-lo control sobre o resto dos procesos. Este supervisa o acceso ós recursos do sistema, evita que se produzan interferencias entre diferentes programas, programa as operacións, etc. O uso xeralizado dos sistemas operativos empezou nesta xeración, aínda que nalgúns casos xa se utilizaban en ordenadores da xeración anterior. Un paso fundamental para a computación actual foi o desenvolvemento do Sistema de Compartición de Tempos Compatible (CTSS - Compatible Time-Sharing System) desenvolvido no MIT a comezos da década de 1960.

Digital Equipment Corporation presentou o PDP-8, o primeiro miniordenador.

Wilkies creou a memoria caché. No futuro permitirá mellora-lo rendemento dos ordenadores.


En Galicia:
IBM instalou o sistema S/360 na Caixa de Aforros de A Coruña e Lugo.
NCR instalou equipos electromecánicos incorporando válvulas:
- Casa Mar
- Aluminios de Galicia
- Deputación de A Coruña



http://www.phys.unsw.edu.au/~arh/background/
Semiconductor_Devices/semiconductor_devices.html

Primeiro circuíto integrado

 

Empezou o desenvolvemento do ILLIAC IV que non estará operativo ata 1972. Predecesor e pioneiro dos ordenadores paralelos, foi construído pola Universidade de Illinois para o Departamento de Defensa Americano xunto con Burroughs. Era un ordenador SIMD, é dicir, a mesma instrucción executábase sobre varios conxuntos de datos. Constaba dunha unidade central de control (CU) e 64 elementos de proceso (PE), aínda que foi deseñado para 256. Cada PE contaba coa súa propia memoria (2048 palabras de 64 bits) que podían ser accesibles en formatos de 8, 32 e 64 bits. Ademais, cada PE podía facer execucións vectoriais, mentres que a CU executaba as escalares. O modo de proceso era o seguinte: cada PE tiña na súa memoria os datos asignados. A CU enviaba a tódolos PE simultaneamente (broadcast) as instruccións a realizar sobre eses datos, que executaban todos simultaneamente. Mediante este sistema conseguiu unha velocidade de proceso de 15MFLOPS, aínda que o primeiro programa completo só o puido executar en 1976 e desgraciadamente non executaba ningún SO. Foi polo tanto máis un proxecto de investigación que un producto comercial.


http://ed-thelen.org/comp-hist/vs-illiac-4.jpg
ILLIAC 4


© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003