Este enxeñeiro eléctrico norteamericano é o inventor do rato. No outono de 1968, nunha conferencia de expertos en informática fixo unha presentación que durou 90 minutos. Ademais de facer a primeira demostración pública do rato, incluíu unha conexión en pantalla co seu centro de investigación, é dicir, foi a primeira tele-conferencia da historia ¡Un ano antes da primeira conexión ARPANET!

Foi o primeiro en dividir a pantalla en fiestras (windows), en propoñer un sistema de hipertexto (WWW), e pioneiro no deseño de entornos de traballo colaborativo por ordenador.



http://www.superkids.com/aweb/pages/features/mouse/mouse.html
Douglas Engelbart


http://www.superkids.com/aweb/pages/features/mouse/mouse.html

Primeiro rato

© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003