Este norteamericano graduouse en enxeñería eléctrica e en matemáticas. Durante os anos 50 traballou na ERA -Engineering Research Associates- e nas compañías que a foron sucedendo, Remington Rand e Sperry Rand, onde foi un dos principais responsables do deseño do ordenador UNIVAC 1103. En 1957, xunto con outros enxeñeiros fundou unha nova compañía denominada Control Data Corporation (CDC), para a que construíu o CDC, que foi un dos primeiros ordenadores comerciais que utilizaron transistores en lugar de tubos de baleiro.

En 1962 deseña o ordenador máis potente da época, o CDC 6600.

A finais da década dos 60, Control Data, crea o que é para moitos o primeiro supercomputador en sentido estricto o CDC 7600. Cray estableceuse pola súa conta e no ano 1972 fundou a Cray Research, para dedicarse a construír exclusivamente supercomputadores. O primeiro producto que sae da factoría é o CRAY-1. O seu custo situábase ó redor dos 10 millóns de dólares.

En 1985 créase o CRAY-2 que é entre 6 e 12 veces máis rápido có seu predecesor. O seu empaquetamento era tan axustado que a calor xerada pola electrónica podía fundi-lo ordenador, polo que o seu interior estaba inundado con líquido refrixerante.
A mediados da década dos 80 a compañía controlaba o 70% do mercado da Supercomputación.

Para sacar ó mercado as súas novas xeracións de ordenadores, Cray inverteu grandes sumas de diñeiro, o que o levou en 1995 á bancarrota. A súa empresa, Cray Research, foi adquirida ese mesmo ano por Silicon Graphics.


http://www.cray.com/company/seymourcray.html
Seymour Cray



http://fuse.pha.jhu.edu/~broberts/cray/cray1.jpg
CRAY 1

http://fuse.pha.jhu.edu/~broberts/cray/cray2.jpg
CRAY 2

© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003