|
|
|
A
característica fundamental que determinou a aparición
desta xeración foi a invención do transistor.
Este aportaba varias vantaxes fronte á válvula de baleiro
como son a disminución do tamaño, do consumo e da producción
de calor asi como unha maior fiabilidade e rapidez. Ademais era moito
máis barato.
Os ordenadores desta xeración presentaban como características
principais a utilización de memoria interna de núcleos
de ferrita, a proliferación e mellora de dispositivos de almacenamento,
mellora dos dispositivos de entrada e saída, introducción
de elementos modulares, aparición de linguaxes de programación
de alto nivel e a utilización de unidade de punto flotante
en hardware.
|
|
|
Un
empregado de IBM, John Backus, desenvolveu a linguaxe FORTRAN (FORmula
TRANslator). A súa creación levouse a cabo no Laboratorio
Científico de Cálculo Watson, en Nova Iork.
http://ei.cs.vt.edu/~history/Backus.GIF
Jonh
Backus
|
Texas
Instruments introduciu o transistor
de silicio, isto reducirá considerablemente os costes de fabricación.
http://www.ti.com/corp/graphics/press/image/on_line/transistor.jpg
Transistor
de silicio
|
A
impresora Uniprinter de Earl Materson conseguiu imprimir 600 liñas
por minuto.
En Galicia:
IBM instalaba para ASTANO un sistema de tarxetas perforadas para o
proceso de nómina: perforadoras, lectoras, clasificadoras e
impresoras.
|
|
|
|
|
Por
vez primeira incorporouse a un ordenador un Sistema Operativo. Este
ordenador, o IBM 705 utilizaba núcleos de ferrita para a memoria
central.
|
|
|
Univac
sacou ó mercado o primeiro ordenador comercial con transistores.
Os transistores revolucionaron a escena dos computadores. Apareceu tamén
o sistema IBM 305 RAMAC (Random Acces Memory Accounting Computer), primeiro
ordenador con memoria auxiliar de discos magnéticos.
http://www.nordhorncorp.com/images/nostalgia/ramac305.jpg
IBM
305 RAMAC
|
John
Bardeen, William Shockley e Walter Brattain recibiron o premio Nobel
de Física polas súas investigacións con semiconductores
e o descubrimento do transistor.
[Máis información...]
http://www.th.physik.uni-frankfurt.de/~jr/gif/phys/bsb.jpg
John
Bardeen, Willam Shockley
e Walter Brattain
|
|
|
A
máquina Atlas Guidance Computer, un dos primeiros ordenadores
en incorporar transistores, axudou no control do lanzamento dun misil.
En Xapón desenvolveuse o ETL Mark III que empregaba 130 transistores
e 1700 diodos.
Massachusets Institute of Technology (MIT) creou un departamento dedicado
á Intelixencia Artificial.
|
Jack
Kilby de Texas Instruments e Robert Noyce en Fairchild Semiconductor,
traballaban por separado no desenvolvemento do Circuíto
Integrado. [Máis
información...]
Bell produciu un Módem telefónico capaz de trasmitir 300
bits por segundo.
http://www.kshs.org/exhibits/famous/graphics/kilby2.jpg
Jack
Kilby
|
|
|
Creouse
a primeira minicomputadora, a DEC PDP-1.
En Galicia:
NCR instalou as primeiras maquinarias contables mecánicas en
Galicia:
- Conde Medín (A Coruña)
- Carburos Metálicos (Cee)
- Casa Mar (Vigo)
- Porcelanas Álvarez (Vigo)
- As Caixas de Aforro galegas instalaron tabuladores mecánicos
para as contas de aforro.
|
|
|
|
|
©
CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003
|