|
|
|
|
|
Ole-Johan
Dahl e Kristen Nygaard, do Norwegian Computing Centre de Oslo, finalizaron
o desenvolvemento dunha versión de propósito xeral da
linguaxe SIMULA onde se introduce o concepto de clase e obxecto que
se usa ampliamente na programación moderna.
Jack Kilby, Jerry Merryman e James Van Tassel, de Texas Instruments,
inventaron a primeira calculadora de man. Era unha aplicación
máis dos circuitos integrados. Funcionaba cunha batería,
tiña o tamaño dunha man, era lixeira (1.275 g.), aceptaba
de entrada números de 6 díxitos, realizaba catro funcións
aritmética (suma, resta, multiplicación e división)
e imprimía o resultado nunha impresora térmica de 12 díxitos.
En
Galicia:
Bull Instala tabuladores en FRIGSA.
|
|
|
|
A
Federal Information Processing Standard, dos Estados Unidos, animou
a que se usara o formato da data de seis díxitos (YYMMDD, ano-mes-día)
para o intercambio de información. Isto produciría trinta
anos despois o chamado "efecto 2000" nos ordenadores.
|
En
Galicia:
Bull instala os seus primeiros ordenadores en Galicia: dous equipos
GE415 (en Banco Pastor) dotados cada un deles con:
-48 KB de memoria de ferrita
-8 unidades de cinta (non tiña discos, estas máquinas
serían actualizadas en 1972 coa instalación de discos
de 4 MB cada un)
|
|
|
Publicouse
o standard RS-232-C que permitía comunicar os terminais remotos
cos ordenadores a través de módem. En Europa a CCITT
(Comite Consultatif Internatinale de Telegraphie et Telephonie) desenvolveu
un standard similar denominado V.24. Era máis rápido
que o sistema de comunicación paralela pero tiña serias
limitacións: baixo ancho de banda (20.000 bits por segundo)
e permitía unha conexión curta entre os equipos (soamente
16 metros). Sen embargo, incluíuse rapidamente nos ordenadores
para conectar as CPUs cos dispositivos de saída (impresoras,
monitores, etc.).
Empezou a funcionar Arpanet -o predecesor de Internet- con só
catro nodos que enlazaban catro centros de investigación en
Estados Unidos: UCLA, Santa Barbara, SRI e a Universidade de Utah.
|
En
Galicia:
A USC instalou o primeiro ordenador IBM 1130 para a Xestión e
o Cálculo Científico financiado pola Fundación
Barrié de la Maza.
http://www.cs.ncl.ac.uk/old/events/anniversaries
/40th/images/unclassified2/24.jpg
IBM
1130
|
|
|
Bell
Laboraties deixou o proxecto de MULTICS e empezou a desenvolver o
novo sistema UNIX, un dos mellores e máis utilizados de tódolos
sistemas operativos existentes na actualidade. Este Sistema Operativo
está instalado en tódolos superordenadores do CESGA
(diversas versións actualizadas). Unix desenvólveno
Dennis Ritchie e Kenneth Thomson.
E.F.Codd propón o modelo relacional que se implementa actualmente
en tódalas bases de datos comerciais debido á súa
coherencia e facilidade de manexo.
En Galicia:
Os Concellos de A Coruña, Lugo e Vigo instalaron os primeiros
ordendores de NCR con memoria de ferritas e cinta perforada.
|
IBM
introduciu o "floppy Disk" ou disco flexible. Consiste nun
medio magnético flexible que se protexe exteriormente cunha carcasa.
Neste disco escríbese e lese dunha forma parecida a como se fai
nos discos duros. O primeiro disco flexible tiña unha anchura
de 8 pulgadas e foi evolucionando lentamente ata chegar á versión
actual de 3.5", que apareceu en 1984.
http://members.cox.net/obsoletetechnology/pics/floppy5.gif
Floppy
disk
|
|
|
Intel
fabricou o primeiro microprocesador,
o 4004, deseñado orixinalmente para incorporalo na calculadora
de mesa 141-PF da compañía xaponesa Busicom de Xapón.
Tiña a mesma potencia de cálculo que o monstruoso ENIAC
pero en tan só un cuarto de pulgada cadrada. [Máis
información...]
Ray Tomlinson, enxeñeiro de Bolt Beranek & Newman -compañía
involucrada no desenvovemento de ARPANET-, enviou a súa primeira
mensaxe ("probablemente algo como QWERTYUIOP") para comproba-los
límites do sistema que estaban desenvolvendo. Creou o primeiro
programa de buzón electrónico, chamado "SNDMSG"
e posteriormente en 1973 seleccionou o símbolo @ -en- para
as direccións de correo electrónico. Xa en 1973 as mensaxes
eran un tercio do total do tráfico da rede.
Niklaus Wirth, do Federal Institute of Technology, en Zürich
(Suiza) iniciou o desenvolvemento de Pascal (nomeado así en
honra do filósofo e matemático Blaise Pascal). Esta
linguaxe foi pensada como unha ferramenta para o ensino da programación
de computadoras con estructuras de control declarativas, claras e
sinxelas.
En
Galicia:
A USC instalou o terminal DCT2000 de Univac para acceder ó ordenador
UNIVAC 1100 do Ministerio de Educación y Ciencia en Madrid.
|
|
|
|
Dennis
Ritchie, dos Laboratorios Bell, desenvolve a linguaxe C, como evolución
da B que á súa vez descendía da BCPL. Esta linguaxe
de alto nivel permite o acceso a características propias de
linguaxes de baixo nivel. É actualmente, xunto ca FORTRAN,
a linguaxe de programación maioritaria para aplicacións
científico-técnicas. Desenvólvense tamén
este ano as linguaxes SmallTalk e Prolog.
Intel desenvolve o primeiro microprocesador
de 8 bits, o 8008. Foi utilizado dous anos máis tarde para
a fabricación do primeiro ordenador persoal, o Mark-8, custoso
e difícil de manexar.
|
|
|
|
|
|
©
CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003
|