Esta época está marcada polo nacemento de varias tecnoloxías, que chegaron a ser, hoxe en día, de uso cotiá: ordenadores persoais, multimedia, impresoras láser, CD, follas de cálculo, procesadores de texto, entornos gráficos de usuario (GUIs), etc...
A popularización dos ordenadores persoais provoca o despegue definitivo de moitas técnicas incipientes: programación, bases de datos, edición gráfica, etc...
Aparecen os procesadores vectoriais, co impacto que isto supón no cálculo, e establécese, coa estructura actual, a maior revolución técnica e social dos últimos anos: INTERNET.

 

Robert Metcalfe escribíu un traballo que por primeira vez describe a Ethernet. Nos anos sucesivos desenvolveuse a idea orixinal.



 

En Xexox PARC, Charles Simony escribiu a primeira aplicación WYSIWYG (o que ves é o que obtés), un procesador de texto chamado Bravo. Os primeiros GUI (Interfaces gráficos de usuario) desenvolvéronse alí.


http://www.kfki.hu/chemonet/TermVil/tv2001/tv0106/simonyi.jpg
Charles Simony

Intel comercializou un procesador de 8 bits, o 8080. Tiña 6000 transistores e podía traballar con 64 KB de memoria.


http://www.cs.washington.edu/homes/lazowska
/faculty.lecture/chips/8080.gif

Procesador Intel 8080


Comercializouse o MITS Altair 8800. O primeiro ordenador persoal que tivo éxito comercial. Tiña 256 bytes de RAM e custaba 395$.


http://www.in.gr/ram/cd/pc%20timeline
/MITS_Altair_8800.jpg

MITS Altair 8800

 

IBM lanzou a primeira impresora láser. Era capaz de imprimir 215 páxinas por minuto e nos seus 18 anos de funcionamento imprimiu 153 millóns de metros de papel.


http://ed-thelen.org/comp-hist/Shustek/ShustekTour-05.html
Primeira impresora láser de IBM


Fúndase MICROSOFT despois de que Bill Gates e Paul Allen adaptaran e venderan BASIC a MITS para o Altair 8080. [Máis información...]


http://medlem.spray.se/johannaeek/
Paul Allen e Bill Gates, fundadores de Microsoft

John Cocke traballou no proxecto 801 de IBM para desenvolver un minicomputador cunha arquitectura que logo se chamaria RISC, e que sería a base dos modernos microprocesadores.

 

IBM desenvolveu a impresora de chorro de tinta. En 1951 Siemens patentou o primeiro dispositivo de tinta.

Presentouse o Cray-1 de Cray Research, o primeiro superordenador con arquitectura vectorial. A súa potencia de cálculo era de 133 MFLOPs.

NEC System presentou os seus sistemas 800 e 900 de propósito xeral.

Gary Kildall desenvolveu o CP/M, Sistema Operativo para ordenadores persoais de 8 bits baseados no Intel 8080.

Steve Jobs e Steve Wozniak deseñaron e construiron o Apple I.


http://www.cedmagic.com/history/apple-1-2-steves.html
Steve Jobs e Steve Wozniak,
fundadores de Apple,
presentan o Apple I


 

En Xaneiro fundaron Apple Computer Steve Jobs e Steve Wozniak. [Máis información...]


http://www.apple2history.org/ history/ah02.html
Primeiro logotipo de Apple

Datapoint introduciu o sistema ARC, a primeira rede local.
Varias compañias comezaron a traballar con fibra óptica.


Lanzouse o Apple II, establecendo unha referencia para os ordenadores persoais.


http://ed-thelen.org/comp-hist/Shustek/ShustekTour-05.html
O Apple II

 

 

 

Os ordenadores persoais de Tandy e Commodore viñan con pantalla incluída. Xa non se precisaba dun televisor.


http://www.ntrautanen.fi/computers/other
/images/tandy1000ex.jpg

PC Tandy

 



http://www.heydon.org/kevan/collection
/pictures/commodore-8096-large.jpg

Commodores 8096

 

DEC lanzou o VAX 11/780, un ordenador de 32-bit que acadou gran popularidade nos entornos técnicos e científicos.

Apareceu Wordstar. Tratábase dun procesador de textos que revolucionou o mercado. Foi o máis empregado durante anos.

Apareceu o primeiro procesador de Intel de 16-bit, o 8086.

Tom DeMarco’s, na obra "Structured Analysis and System Specification", popularizou a análise estructurada.

Ron Rivest, Adi Shamir e Leonard Adelman propuxeron o cifrado RSA como un sistema de clave pública para encriptar transmisións dixitais.


http://www.usc.edu/dept/molecular-science/RSApics.htm
Ron Rivest, Adi Shamir
e Leonard Adelman



© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003