Steven Wozniak e Steven Jobs eran uns amigos namorados da electrónica
dende a escola secundaria. Abandonaron os estudios universitarios e
empregáronse en empresas en Silicon Valley.
Wozniak, deseñou en 1976 no garaxe da casa de Jobs o que sería
a Apple I. Jobs, con visión de futuro, convenceu a Wozniak para
que comercializaran a máquina, e o 1 de abril de 1976 naceu Apple
Computer. As primeiras unidades do Apple I foron financiadas coa venda
da furgoneta de Jobs e a calculadora de Wozniak, polas que obtiveron
1.300 dólares.
O público non tomou moi en serio o Apple I e Apple non empezou
a medrar ata 1977, cando nace o Apple II, equipado con teclado, programación
externa e monitor de cor.
O
aumento das vendas trouxo asociado un aumento no tamaño da
empresa e lánzase a Apple III en 1980. En 1981 Jobs asume a presidencia
de Apple.