Apareceu a Primeira folla de cálculo: VisiCalc. Foi a ferramenta que catapultou definitivamente o mercado dos ordenadores persoais.

Hayes lanzou o primeiro módem para ordenadores persoais.

Probáronse os teléfonos móbiles en Xapón e Chicago.

Comenzaron a funcionar os servicios de conexión The Source e Compuserve.

En Galicia:
Secoinsa instalou os seus primeros ordenadores:
- Serie S en Pagaduría Militar en A Coruña.
- Hostal dos Reis Católicos
Serie 10/3 con:
- CPU 8086
- 64Kb de RAM
- 4 diskettes
- Unha pantalla e unha impresora
IBM instalou o primeiro S/34 en Confeccións GOA (hoxe INDITEX)


Motorola lanzou o chip 68000, de 32 bits.


http://www.ntrautanen.fi/marko/sao/kokoelma/images
/m68000_users_manual.jpg

Manual de usuario do Microprocesador
M68000 de Motorola

 

Desenvolveuse a linguaxe de programación ADA en honor a Ada Lovelace, elaborada polo departamento de defensa de EEUU.

Wayne Ratliff desenvolveu dBase II, a primeira base de datos para PC. +

David A. Patterson, de UC Berkeley, utilizou por primeira vez o termo “reduced-instruction set” (conxunto de instruccións reducidas: RISC), e con John Hennessy de Stanford, desenvolveu esta arquitectura de microprocesadores.

En Galicia:
SIDEGASA e Alúmina Aluminio instalaron os primeiros equipos IBM 43XX.

IBM seleccionou PC-DOS de Microsoft como o Sistema Operativo para os seus novos PCs.
O Osborne 1, primeiro ordenador “portable”, pesaba máis de 10 kilogramos e tiña o tamaño dunha maleta pequena.


http://rune.tapper.com/museum/
O Osborne 1 aberto

 

Lanzouse o PC de IBM creando un estándar de facto nos ordenadores persoais.




http://rune.tapper.com/museum/rcm-001.jpg
O PC de IBM

En Xapón revolucionaron o mercado dos chips ó fabricar chips con 64 Kbits de memoria.

Commodore lanzou o VIC-20, ordenador persoal do que se van a vender máis dun milón de unidades.


http://www.heydon.org/kevan/collection/
manufacturer-commodore/vic20.html

VIC-20 de Commodore

 

Columbia Data Products creou o primeiro "clónico" de IBM. Compaq, recén creada, séguelle os pasos creando a súa propia versión.

A revista Time nomeou ó ordenador "Home do Ano."

John Warnock desenvolveu o PostScript (linguaxe de descripción de páxina) e xunto con Charles Geschke fundou Adobe Systems.

Fundouse Autodesk e lanzouse a primeira versión do AutoCAD.



O Cray X-MP (dous computadores Cray-1 conectados en paralelo) demostrou ser tres veces máis rápido que un Cray-1.

Fundouse Sun Microsystems.

Xapón lanzou o seu proxecto de ordenador de "quinta xeración", centrándose na intelixencia artificial.

Creouse un servicio comercial de correo electrónico entre 25 cidades de EEUU. O ano anterior xa se empezara en Xapón.

 

NEC anunciou os seus superordenadores SX-1 e SX-2.

O protocolo TCP/IP marcou o comezo de INTERNET.

Ó incluir gráficos de barra, tartas, etc. Lotus 1-2-3, unha folla de cálculo, arrasou no mercado dos PCs desprazando a VisiCalc.

Aínda que non foi un gran éxito comercial, o Lisa de Apple amosou o que se podía facer cun rato, iconas e menús despregables.

Nos laboratorios Bell de AT&T, Bjarne Stroustrup seguiu traballando no C++, unha extensión de C orientada a obxectos.


Fundáronse Thinking Machines Corp. e Ncube, dúas compañías que desenvolve-ron os primeiros ordenadores comerciais de procesamento paralelo.


http://www.sdsc.edu/GatherScatter
/gsjan94/Images/NCUBE.gif

Supercomputadora de Ncube

 

Sony e Philips crearon o CD-Rom disparando as posibilidades de almacenamento de información dixital.

IBM presentou o PC AT con un procesador Intel de 16-bit, o 80286.

Os fabricantes xaponeses empezaron a producir superordenadores con unidades de cálculo vectorial, similares ós desenvolvidos anteriormente por Cray. Entre os fabricantes, destacaban Fujitsu co FACOM VP 200, NEC co SX-2 e Hitachi co S-810/20.

O Macintosh foi presentado por Apple dentro dunha gran campaña de publicidade.


http://www.pmug-nj.org/graphics/mac1984.jpg
O primeiro ordenador Macintoch
que apareceu en 1984



© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003