A
compañía Microsoft foi fundada en 1975 por William H.
Gates III e Paul Allen. Coñecéranse durante a súa época
de estudiantes pola súa afeizón a programar coa computadora
PDP-10 de Digital Equipment Co. No mesmo ano, un artigo sobre o Altair
8800, a primeira computadora persoal, animou a Gates e Allen a adapta-la
linguaxe de programación BASIC para o equipo Altair. Mercáronlle
a licencia deste software a MITS -a empresa fabricante do Altair-,
e fundaron Microsoft (orixinalmente Micro-soft) en Albuquerque, Novo
México.
En 1977 Microsoft lanzou ó mercado o seu segundo producto, Microsoft
FORTRAN, outra linguaxe de programación, e axiña sacou
versións
da linguaxe BASIC para os microprocesadores 8080 e 8086.
En
1980 IBM contratou a Microsoft para escribir o Sistema Operativo do
IBM PC, que sairía ó mercado ó ano seguinte.
Presionada polo pouco tempo dispoñible, Microsoft mercou QDOS
(Quick and Dirty Operating System) a Tim Paterson, un programador de
Seattle, por 50.000 dólares e cambioulle o nome a MS-DOS (Microsoft
Disk Operating System). O contrato firmado con IBM permitía a
Microsoft vender este sistema operativo a outras compañías.
En 1984 Microsoft outorgou licencias de MS-DOS a 200 fabricantes de equipos
informáticos, así, este Sistema Operativo converteuse no
máis utilizado para PC, o que permitiu a Microsoft medrar vertixinosamente
na década de 1980.
En
1983 púxose á venda o procesador de textos Microsoft
Word. En 1984 Microsoft foi unha das primeiras compañías
do sector que se dedicou a desenvolver aplicacións para Macintosh.
Nun
principio, Microsoft obtivo grandes éxitos
de venta de programas para Macintosh como Word, Excel e Works.
En
1985 Microsoft lanzou Windows, un Sistema Operativo que ampliaba as
prestacións de MS-DOS e incorporaba unha interface gráfica
de usuario. Windows 2.0, que saíu á venda en 1987, melloraba
o rendemento e ofrecía un novo aspecto visual. Tres anos máis
tarde aparece Windows 3.0, ó que lle seguiron Windows 3.1 e 3.11.
En 1990 Microsoft pasou a ser a empresa líder de programas informáticos
e acadou unhas vendas anuais de máis de mil millóns de
dólares.
En
1991 Microsoft e IBM finalizaron unha década de colaboración.
En 1993 Apple perdeu un xuízo contra Microsoft ó que acusaba
de violación das leis de dereitos de autor por copiar ilegalmente
o deseño da interface gráfica de Macintosh.
Windows
NT (New Technology), un sistema operativo deseñado para
entornos empresariais, foi lanzado en 1993. En 1995 a compañía
lanzou Windows 95, un entorno multitarefa con interface simplificada
e con outras funcións melloradas. Ás sete semanas do seu
lanzamento xa se venderan sete millóns de copias.
Microsoft
empezou a operar no campo dos medios de comunicación
e creou Microsoft Network en 1995 e MSNBC un ano despois. Ademais, en
1996 Microsoft presentou Windows CE, un sistema operativo para PDAs.
En 1998 Microsoft lanzou Windows 98, con funcións integradas
para o acceso a Internet.
No
2.000 a compañía lanzou Windows 2000, a versión
más actualizada do sistema operativo Windows NT. No ano 2001,
Microsoft lanzou Windows XP.