O día 14 de febreiro de 2003, instalouse a actualización correspondente a febreiro de 2003 da base de datos de CSD. Esta actualización contén 9.870 novas entradas na base de datos e inclúese automaticamente nas buscas, sen necesidade de activala. Se quere coñecer o contido da nova actualización, no programa ConQuest (arráncase co comando cq), seleccione as opcións View Databases -> Entries in CSD version 5.24 updates.
Lembramóslle que a base de datos Cambridge Structural Database (CSD) está instalada nunha máquina dedicada, polo que se precisan acceder a esa base de datos e non ten aínda acceso, terá que solicitarllo aos nosos técnicos. Actualmente conta con cerca de 282.000 entradas.
Se ten algún problema co programa ou actualización, non dubide poñerse en contacto conosco a través de , indicando no asunto "Erro en CSD".