Nova versión dos compiladores de Fortran de Portland Group instalados no SVGD.
Recentemente instalouse a última versión (7.1) do compilador de Fortran de Portland Group no SVGD con soporte para unha ampla variedade de procesadores (64-bit AMD64, 64-bit Intel EM64T ou 32-bit x86).
O paquete de software PGI Fortran Workstation inclúe o compilador de Fortran 95 PGF95, o compilador de Fortran 77 PGF77 e o compilador de High Performance Fortran PGHPF . PGF95 e PGF77 soportan paralelización atomática para sistemas SMP mediante unha simple opción do compilador e presentan un soporte total do paradigma de programación OpenMP. Adicionalmente PGI Fortran Workstation dispón dun depurador e un profiler con soporte paralelo.
Contorna de compilación opteron (compute-0-23):
Non dispoñible, recoméndase compilar usando a contorna 64
Contorna de compilación bw (bw2):
Non dispoñible
Para calquera dúbida ou aclaración sobre o uso dos compiladores de Pórtland no SVGD por favor escriba un email a sistemas@cesga.es ou aplicacions@cesga.es.