O día 22 de maio de 2007, instalouse a actualización de maio de 2007 da base de datos do CSD, contendo 11.466 novas estruturas, o que supón un total de 415.256 entradas na base de datos. A Cambridge Structural Database é unha base de datos que recolle información bibliográfica, química e cristalográfica de compostos orgánicos e organometálicos obtida mediante difracción de raios X e difracción de neutróns.
Usuarios habituais: Químicos inorgánicos, orgánicos e teóricos.
Usuarios potenciais: Químicos e físicos, que traballen en síntese ou caracterización de estruturas moleculares e necesiten comparar con estruturas identificadas en bibliografía.
Información adicional: visite http://www.ccdc.cam.ac.uk/products/csd
Máquina de acceso: csd.cesga.es
GUIA DE USO:
A completa guía de uso, así como información adicional sobre este software, se pode encontrar na paxina oficial do Cesga (http://www.cesga.es) baixo Computación> Aplicacións > Bases de Datos Científicas > CSD ou directamente na seguinte URL:
http://www.cesga.es/php/mais_info_es.php?id=48
Se se quere coñecer o contido da nova actualización, no programa ConQuest (comando cq), selecciónense as opcións View Databases > Entries in CSD version 5.28 ou View Databases > Entries in CSD > version 5.28 updates.
Hai que lembrar que a base de datos Cambridge Structural Database (CSD) está instalada nunha máquina dedicada, polo que se se precisa acceder a esta base de datos e non se ten aínda acceso, deberá solicitarse aos nosos técnicos.
Ante algún problema co programa ou a actualización, non dubide en se pór en contacto connosco a través de , indicando no asunto "Erro en CSD". |