O Beowulf de HP intégrase no Superordenador Virtual Galego
O pasado día 4 de xuño completáronse os traballos de consolidación dos clusters de cálculo baseados en procesadores Intel e sistema operativo Linux. Nesta operación, integráronse as capacidades de cálculo e almacenamento dos sistemas SVG (formado por un cluster de 9 nodos biprocesadores localizado no CESGA e outro cluster de 9 nodos biprocesadores situado no CIS de Ferrol) e Compaq Beowulf.
Con esta nova configuración, os usuarios poden acceder, desde un único sistema, ós recursos de estos 3 clusters. O novo sistema de cálculo SVG así configurado queda coas seguintes características:
Número de procesadores: 54 Tipo de procesador: Pentium III a 550MHz, 750MHz e 1GHz Memoria por nodo: 512MB a 1GB Memoria total: 19 GBytes Capacidade total en disco: 1 TByte Aplicacións dispoñibles: Gaussian98, NWChem e CPMD, entre outras.
Rede de interconexión para aplicacións paralelas: Myrinet Rede de interconexión de xestión: Fast Ethernet
Os límites de tempo máximo de execución, memoria e espacio en disco por traballo son de 200 horas, 1GByte e 40GBytes respectivamente. Os traballos paralelos de aplicacións que soporten esta característica (como NWChem o CPMD), poderán utilizar un máximo de 16 procesadores de modo simultáneo.
Tódolos usuarios que xa tiñan acceso a calquera dos sistemas de cálculo do CESGA dispoñen automáticamente dunha conta para utilizar este cluster, conectándose ó servidor bw.cesga.es. Aqueles que o desexen poden solicita-lo acceso a este sistema a través da páxina web del CESGA, http://www.cesga.es
Para máis detalles sobre a configuración do novo cluster SVG, as aplicacións dispoñibles e documentación sobre o modo de utilizalo, poden consulta-la páxina web do CESGA ou mandar un e-mail a .