O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servicios avanzados da Comunidade Científica Galega, sistema académico universitario e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (C.S.I.C.). O CESGA leva a cabo as súas accións ao través de dous institucións:
-
Sociedade Anónima de Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (S.A.X. CESGA). Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 1.289, sección xeral, folio 55, folla nº C-7523, inscrición 1ª, C.I.F.A-15420599.
Consulte aquí os informes anuais de xestión da Sociedade.
A Fundación CESGA é unha institución sen ánimo de lucro. Os membros do padroado pertencen á Xunta de Galicia e ao CSIC.
A S.A.X. CESGA constitúese como unha Sociedade Anónima de Xestión na que participan a Xunta de Galicia, cun 70% do capital, e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (C.S.I.C.), cun 30%.
A S.A.X. CESGA xorde do compromiso da Xunta de Galicia de promover servicios comúns de apoio ás tarefas de investigación, e por outra banda, do interese do "Consejo Superior de Investigaciones Científicas" por promocionar en Galicia un contorno de traballo na área do cálculo intensivo, comunicacións e servicios avanzados na sociedade da información e o coñecemento.
MISION E FUNCIÓNS
FUNDACIÓN CESGA:
Misión: Fomentar, difundir, prestar servicios de cálculo intensivo e comunicacións ás comunidades investigadoras galegas e do CSIC, así como, a aquelas empresas ou institucións que o soliciten e deste xeito, contribuir mediante o perfeccionamento tecnolóxico e a innovación, á mellora da competitividade das empresas.
Funcións máis significativas:
-
Proporcionar servicios de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas á comunidade de usuarios.
-
Xestionar a "Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia".
-
Fomentar e Promocionar a cooperación entre empresas e institucións.
S.A.X. CESGA:
Misión: Promover servicios comúns de apoio á investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito das tecnoloxías da información e das comunicacións, en Galicia e na comunidade investigadora do CSIC.
Para elo a S.A.X. CESGA promoverá accións tendentes á innovación e mellora na prestación de servicios de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas así como actividades encamiñadas a favorecer solucións no campo da sociedade do coñecemento.
Funcións máis significativas:
-
Promover e difundir o uso de tecnoloxías de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas
-
Promover e difundir o uso de tecnoloxías relacionadas coa sociedade do coñecemento incluíndo: comercio electrónico, e-learning e sistemas de información xeográfica.
|